30/03/08

Con Gonzalo Moure

Por fin, temos as fotos. E a lembranza. E as súas palabras.

"O Sáhara forma parte da miña vida. Levan 32 anos en campos de refuxiados: vidas enteiras agardando a que alguén os lembre.
Pronto estará alí Javier Bardem: a súa presenza fai máis que mil armas. O que temos a man é a PALABRA, eles teñen este poder e non o poden perder.
O deserto está cheo de maxia.
A cultura nómada é unha cultura moi diferente, ten a vida, pero non ten cousas materiais. Antes todos os pobos eran nómadas. En que momento nos equivocamos e puxemos barreiras? Os animais viven a realidade do universo.
El beso del Sáhara é un erro. Comeceino antes de ir alá e tiven que refacelo. A alma dos saharauis na súa maioría queren estar alí, son máis felices.
Por que estou ben alí? Alí amo, sinto cariño, sente doutro xeito que aquí non sabemos. Somos pobres en amor e comunicación, e mesmo en tacto. Na haima están collidos da man; hai máis relación. Alí cambiei a hospitalidade, aprendín a compartir. Na súa cultura é normal dar o que sobra, compartir.
Tuba, no centro de Asia, ten unha cultura similar. Son nómadas. Comparten o feito de vivir nun medio hostil e son iguais de xenerosos. É unha alternativa diferente ao noso xeito de vida. Viven de acordo coa natureza e coa non posesión da terra. Por iso son tan diferentes os marroquís dos saharauis.

A literatura non é diversión. Le porque te vai emocionar, porque vas sentir cousas novas, le por ver que pasa.
Un libro non é a resposta. É a Pregunta, a necesidade de saber máis cousas".


29/03/08

Visita de Gonzalo. Opinións (3)

Son Enma Vázquez:

Se a visita de Fran Alonso foi incrible esta foi moitísimo máis. Dende o principio xa me caeu xenial porque se integrou connosco e non se distanciou de nós. Dende que empezou a falar falounos cunha confianza que nos dou pé a animarnos a nós a falar. A min persoalmente encantoume a súa forma de falar do Sáhara con ese cariño que el demostraba cara el. Cada vez teño máis ganas de ir ao Sáhara e ver como viven e axudalos en todo o que eu poida facer. Definitivamente encantoume a charla. Grazas Gonzalo.

28/03/08

Visita de Gonzalo. Opinións (2)

Son Andrea Díaz:

Chegou sorrindo.
- qué, os pillé merendando, no?

E deseguida sentou entre nós, nada de detrás da mesa do profesor. E aí comezou a falar, e nós a escoitar, os ollos coma platos e a mirada perdida entre as súas aventuras, relatos, anécdotas... falounos sobre a maxia, a maxia da vida e da morte, sobre o futuro e a vida, e os sentimentos, e de cousas máis cotiás; ben, dos seus libros tamén falamos, dos finais felices e dos tristes, dos finais abertos e dos pechados e das historias que non teñen final.
O que máis me gustou da visita? A súa familiaridade, esa complicidade que nos fixo sentir coma se o coñécesemos de toda a vida, coma se (como di a miña nai) xogaramos con el ás canicas todos os días.
Creo que conectou connosco, eu persoalmente quedei encantada coa súa visita e creo que del aprendemos moito; non respostas, pero si preguntas, porque como nos dixo el, na vida o importante non é ter todas as respostas senón aprender a formular as preguntas.
O que máis destacaría del? O feito de querer non gustar, que non é o mesmo que non querer gustar, supoño que a min moitas veces me gusta tamén non gustar, coma un final triste, que nos fai pensar.

Visita de Gonzalo. Opinións (1)

Son Susana Cumbraos:

Onte reunímonos os de club de lectura e recibimos a visita dun marabilloso escritor: Gonzalo Moure. Comezounos a falar animosamente como se nos coñecese de toda a vida e tratounos cunha familiaridade e á vez cunha sinceridade espectacular. Para min, cada palabra que pronunciaba contiña maxia e calma, como se a súa voz nos levase a un lugar onde só estivesemos nós e non houbese ninguén máis capaz de voltarnos á realidade.
Esa maneira que tiña de relatarnos as súas aventuras no Sahara fíxome pararme por un instante a imaxinar como poden vivir todas aquelas persoas alleas a nós pero á vez tan preto, como se todo o que temos tamén lles pertencera, incluso a nosa amizade sen coñecelos.

27/03/08

Visita de Gonzalo Moure

Agora mesmo, nove e media da noite, estou a chegar da reunión do noso club de lectura. Unha reunión tan especial que quedará impresa nas nosas memorias e seguro aloxarase nun lugar recóndito ata que dentro de moitos anos os nosos soños nola devolvan nitidamente, a toda cor. Sento a escribir coa maxia na man, cun sorriso no corazón, e cos ecos do Sáhara na cabeza. Son consciente dos agasallos que ás veces nos chegan en forma de persoas. E son consciente de que entre toda a tristura dos acontecementos hai luces que fan fracasar os naufraxios perennes. Sei que hoxe avanzamos un paso máis na inconsistencia que nos dá a vida e nos miles de enigmas -sen solución- que esta nos dirixe.
Tres horas estivemos a falar con Gonzalo Moure. Máis falou el, claro, xa que -estrañamente- os integrantes do club de lectura estaban máis calados do habitual. E eu miraba as súas faces e percatábame de que o estaban porque escoitaban abraiados ao noso convidado, fascinados coa súa conversa. E esta acabou viaxando dende o Sáhara ata a mente, pasando polos soños dos animais e sobre todo pola literatura, a arte, a cultura e a vida. Porque do divino e o humano falamos nestas tres horas que a nada chegaron. Ata de física cuántica debatemos! E a frase: "la campana que no suena toca el silencio".
E quedámonos con aquilo de que "a literatura non é diversión. Le porque te vas emocionar, porque vas sentir cousas novas, le para ver que pasa".
E seguiremos lendo no noso club e no devir cotián dos nosos días, porque estou segura de termos lectoras e lectores que saben e senten e preguntan aínda que non topen resposta.
E como ata tivemos o luxo de ter un fotógrafo profesional, xa colgarei as fotos noutra ocasión. Porque este post só quería ser un pequeno agradecemento a tanta xenerosidade.
Grazas Darío pola oportunidade.
Grazas Gonzalo pola compañía.

26/03/08

Que opinamos de... Palabras de Caramelo? (III)

José Antonio Rey:

Palabras de Caramelo é unha poesía triste con final feliz.
Kori non sabe ler, non pode oír, pero escribe poesía e ese é o seu xeito de achegarse ao mundo, a forma que ten de expresar aquilo que o seu corazón lle di. Caramelo foi para Kori a súa inspiración, e á vez o seu amigo, como unha porta aberta ao mundo, aquel que lle fixo entender seu corazón.
A morte de Caramelo representa todo aquilo que nos fai sufrir pero que nos fai medrar como persoas, xa que a vida é unha continua loita contra o sufrimento diario, non é coma os contos, non todos os finais son felices.

Que opinamos de... Palabras de Caramelo? (II)

Susana Cumbraos:

Este libro removeu algo en min... coma se o meu corazón entrase nunha noite de treboada e os lóstregos me fixesen chorar debido á morte de Caramelo. Entre as páxinas do libro sentín o afecto que Kori sente polo camelo, así como a tristura que Kori ten nos seus adentros cando este morre.
Gustoume moito e aínda que hai xente que non lle gusta o libro porque Caramelo morre e non ten un final feliz, eu penso que é o único final que se lle podía atribuír, posto que é un broche de ouro do libro.
Encantoume

Que opinamos de... Palabras de Caramelo? (I)

Andrea Díaz:

Non me gustou o libro, nin o protagonista, non me gustou a súa forma de ser, o seu egoísmo. Doeume a morte de Caramelo coma se o neno fose eu, e chorei co final. Acabei odiando a aquel que matou o camelo e non logro entender por que o fixo. Quen era el para privar a Kori do seu único amigo? Por que non deixaron vivir a Caramelo? Deixar que continuase a historia e todos seriamos felices, Kori, Caramelo e eu. Por que non?
A vida está chea de tristes finais, os finais felices son os dos contos, e este non é un conto, esta é unha historia e chámase Palabras de Caramelo.

25/03/08

Palabras de Caramelo (2)


Esta peciña de Gonzalo Moure foi a elixida nesta ocasión co gallo da visita do autor. Queredes saber de que vai? É a historia dun neno con problemas (un neno saharaui xordomudo empeñado en aprender a ler e escribir), que ten como mellor amigo e confidente un camelo chamado Caramelo e que vive nun campamento de refuxiados no deserto do Sahara. Tal vez vos pareza estraño, non si? Como di o propio autor, Palabras de Caramelo fálanos do pobo saharaui, pero ante todo fálanos da amizade, das ansias por aprender. "Tiven fai sete anos a sorte de coñecer unha nena xorda, dobremente marxinada, por xorda e por refuxiada, que con todo, e a pesar de non ter ferramentas de comunicación (nin escritura, nin Lingua de Signos), tivo pouca dificultade para facerse entender por min. Non hai nada que non se poida conseguir con vontade e con boas razóns para facelo". Defende o poder da palabra, o respecto pola diferencia e o amor aos animais. Agardamos á reunión deste xoves para sabermos as vosas opinións.

24/03/08

Palabras de Caramelo

Lémbravos a un personaxe, verdade?
Si, por que non, podería ser Caramelo, o amigo de Kori. Que cres que Caramelo nos está a dicir?
E ti, que lle dirías despois de ler a obra de Gonzalo Moure?
E que nos contarías a nós do libro?
Gustouche a historia?
E os personaxes?
E que nos dis do final do libro?
Por que recomendarías Palabras de Caramelo?
Este xoves día 27 de marzo Gonzalo Moure visitará o noso club de lectura para falar de Caramelo e moitas cousas máis.

23/03/08

Gonzalo Moure


Este xoves visitaranos este escritor comprometido co pobo saharaui. Agardamos aprender moito sobre este pobo e seguirnos adentrando neste mundo que tan diferente é do noso e que tan inxustamente vive desde hai tantos anos. Podedes visitar o seu blogue e aprender algo máis antes da súa chegada.

12/03/08

Columna de vontades


Un grupo de jóvenes han decidido poner en marcha la iniciativa La Columna de los 1000 que pretende reunir 1000 personas que construirán un muro humano de esperanza en los territorios liberados, frente al muro de vergüenza en el Sáhara Occidental. Ésta es una reivindicación pacífica; que surge de la sociedad civil y cuyo objetivo es denunciar una situación vergonzosa e injusta que ya supera todos los límites de la tolerancia.

Una gran movilización de lucha no-violenta. Una movilización social, que no dudo tengrá un gran impacto mediático y repercusión política: La Columna de los 1000.

La expedición partirá el 17 de marzo y regresará el 23, y el coste para cada participante es de 510 euros que incluyen el viaje, manutención y alojamiento. Si quieres más información, envía un email a voluntadydeterminación@gmail.com.

Palabras sobre el Muro de Eduardo Galeano :
"Y nada, nada de nada, se habla del Muro de Marruecos, que desde hace 20 años perpetúa la ocupación marroquí del Sáhara occidental. Este muro, minado de punta a punta y de punta a punta vigilado por miles de soldados, mide 60 veces más que el Muro de Berlín."



De Lápices para la Paz

01/03/08

O cazador de estrelas

Onte reunímonos para falar dete libro. E as que máis interviñeron foron Carme e Pesi... porque ao alumnado había que lle dar un tirón de orellas!
Falamos de...

Historia: "Agelia contaba que de nova quería estudar para enxeñeiro, pero a guerra chegou cando conseguira unha beca para ir estudar a España e xa nunca saíu do país"

Condicións de vida: "Para evitar que o po se colase na jaima, as lonas da porta debían estar botadas." "Pai trashumante".

Solidariedade: "Que noticias viñan de fóra. Qué axudas trouxeran. E, en definitiva, cando deixarían de ser refuxiados e volverían á súa terra…"

Inxustiza: "Sobrevivir é a nosa forma de loita. Só con iso lle dicimos ao mundo que seguimos aquí. Que se está a cometer unha gran inxustiza co pobo saharaui"

Actitudes persoais: "Recoñece que es un pouco tirano"

Para Carme Ares o que máis conseguido está no libro é que nel pasa o que o protagonista oe, describe só isto, o que consiste nunha novidade interesante. Porén, o autor cae en varias contradicións, xa que non encaixa coa idade do protagonista que non saiba ler a pesar da súa enfermidade. Tampouco encaixa que o tío non soubese máis da súa enfermidade traballando no hospital.

O final é positivo, aínda que algunhas personaxes deberían estar máis explotadas, coma o vello, xa que se bota en falta o seu desenvolvemento por ser moi interesante.
O libro non se fai pesado coa información do pobo saharaui.

No que si estamos todos de acordo é que foi un acerto comezar co libro de Fran Alonso, que nos abriu as portas a este mundo e agora ao lermos comprendemos moito vocabulario e modos de vida que doutro xeito non entenderiamos.

28/02/08

Gandhi con mehlfa e darráa

Los Gandhis saharauis “Ayudadme. Grabadme. Me van a detener”. Los dos se arrojaron sobre los periodistas españoles que se encontraban en El Aaiun aquel sábado de noviembre de 2005. Las autoridades de ocupación marroquíes conmemoraban en la capital del Sahara Occidental el triste aniversario de la Marcha Verde; mientras se recrudecían en todas las ciudades las manifestaciones pacíficas de protesta contra la ocupación. Hasana Laasairi y Brahim Tubari, jóvenes estudiantes, habían dado sus nombres y números de teléfono a los periodistas que cubrían la noticia. Después se arrodillaron en medio de la calle y empezaron a gritar “¡Viva el Sahara libre!”. Se vieron al momento rodeados de policías y les llovieron golpes de porras y culatas por todo el cuerpo. Les tiraron en un furgón policial y se los llevaron detenidos.
Arrojados al vacío. De repente se escuchó un grito y todas las miradas se dirigieron a un hombre que caía desde la azotea del hotel. Alhsehein Lemlih, un saharaui de 40 años, paseaba unos minutos antes por un barrio de El Aaiun escuchando la Radio Nacional Saharaui cuando fue sorprendido por cuatro policías que se bajaron de un coche e intentaron detenerle mientras le agredían. Alhesein escapó, echó a correr y consiguió refugiarse en un hotel cercano pero los policías le persiguieron hasta que le alcanzaron en la azotea y le arrojaron al vacío. Los testigos vieron cómo le metían en el coche de policía, llevándoselo a toda prisa y comentaron aterrorizados todos los casos que se conocían en El Aaiun de saharauis arrojados desde lo alto de los edificios. Como Sidi Ahmed Taleb, que dos años antes resultó gravemente herido en la columna y al que ningún médico quiso atender.
Los olvidados. Abba Oualia Ahmed-Mahmoud desaparecido en 1979; Abdellah Mohamed-M’Barek desaparecido en 1987; Abdellah Ramdane Mohamed- Lamine desaparecido en 1976; Abdati Mohamed-Salem Brahim desaparecido en 1976; Abeid Souhaili desaparecido en 1975; Abdelahi Abdelmajid AbdelUadoud desaparecido en 1981; Abidin Bouzeid Allal desaparecido en 1976; Ahmed Lahsen El Mehdi desaparecido en 1976; Ahmed Lamaadel El Mehdi desaparecido en 1976; Ahmed Mohamed Salem El Arbi desaparecido en 1976; Ahmed Souilem Mohamed (Terfass) desaparecido en 1976; Alouat Taher desaparecido en 1976; Ali Bachir Ali desaparecido en 1976 … más de 500 nombres, más de 500 personas de las que no se ha vuelto a saber nada, pero no están olvidados, un pueblo entero resiste para que no se borre su memoria.
Resistencia pacífica. Con precisión contaba a la periodista las torturas de las que fue víctima, las vejaciones a las que le sometieron y todo el miedo que le intentaron meter a sangre y golpes en su magullado cuerpo. Y no vaciló ni un segundo. Con frialdad detallaba todo el dolor que esculpieron en sus piernas, destrozadas y tal vez irrecuperables para siempre. Pero en El Mami Amar Salem no había odio. Explicó con ilusión cómo estaba contactando con organizaciones internacionales para conocer nuevos métodos de resistencia pacífica. Mientras, la esperanza iluminaba las cicatrices de su rostro.
“Oh, ciego”. Diez años permaneció encerrado en el infierno de los infiernos, Kalaat M’Gounat, el más triste de los presidios, negro fruto de una mente desquiciada. Diez años desaparecido sin que nadie supiera de él. A Sadik Bulahi el calvario le dejó ciego pero en aquella deriva él se aferró a la poesía como tabla de salvación. El dolor por la injusticia le dictó una noche un poema en su celda, lo compuso de memoria porque no había forma de plasmarlo en papel. Estaba ciego y enfermo y para animar a sus otros compañeros saharauis, casi trescientos en aquellos días, lo recitaba cada tarde durante los pocos minutos de sol que disfrutaban en el patio de la prisión. “Oh, ciego” se convirtió en un símbolo para todos sus compañeros presos, en la única forma de expresar su dolor y su convicción por un Sahara libre. “Erigir la emboscada / (…) / hoy ante tu altar se luce un minusválido, / y ciego se querella, / y el dolor se hunde en su corazón / transformado en ojos”. “Aini mshaat (Mi ojo se fue)”. A Sultana, una estudiante saharaui, después de reventarle el ojo con una porra por manifestarse pacíficamente, no le trataron en el hospital. Los policías la llevaron a una comisaría junto a la turística plaza Jamaa Lefna de Marraquech. La siguieron maltratando mientras se escuchaba la música de los saltimbanquis y el ruido de los turistas que allí se congregan.
Loca por el Sahara. Kbaidat se había unido a sus compañeras saharauis en una sentada para reclamar con el arma de la palabra su derecho a la libertad. Era el mes de junio de 2005 y hacía un mes que había comenzado en las principales ciudades saharauis un levantamiento pacífico reclamando el fin de la ocupación marroquí. Todas las mujeres reunidas empezaron a dar palmas y a cantar lemas por la independencia. En un par de minutos les rodearon decenas de policías y empezaron a golpearlas con sus porras. Kbaidat se sorprendió a sí misma gritando en español “Viva el Sahara libre e independiente”. Un policía le gritó: “¡Calla, loca!”. “Loca sí, loca por el Sahara”, le respondió ella. El policía levantó con odio su porra y de repente a Kbaidat todo se le volvió negro.
35 kilos. 4 años de desaparición en la cárcel de Kalaat M’Gounat le costó a Brahim Dahan su participación en una manifestación pacífica para denunciar la presencia ilegal de Marruecos en el Sáhara Occidental. Una comisión de la ONU visitaba el territorio y Marruecos detuvo a decenas de saharauis. Torturas, vejaciones, frío, falta de alimentos, palizas, insultos, muerte, terror… Brahim fue puesto en libertad años después, envuelto en un trapo y pesando 35 kilos.
Son pacíficos. “Son violentos porque están desesperados.(Gandhi”).
Pero yo digo: “son pacíficos aunque están desesperados”. Los saharauis en las zonas ocupadas alzan la bandera blanca de su Repúblicay recuperan sus calles. Resistencia Pacífica. Rebelión no violenta. Los saharauis de las zonas ocupadasempuñan la pacífica arma de la palabra. En el Sahara ocupadolas calles traen vientos de cambioy las paredes susurran lemas de libertad. “La badil, la badil” gritan las azoteas, testigos horrorizados de una violencia sin límite. Los vertederos recogen sus machacados huesos,una melhfa cubre su alma dolorida y un joven en la calle pone la otra mejilla. “Podrán matarme, pero no morirme”, dijo el poeta. “Me mataréis, pero no podréis matar mis ideas”clama Aminetu. Resistencia Pacífica. Rebelión no violenta. Los verdugos derraman impunes la sangre de los inocentes. A cambio se condecora al torturador y se alaba al tirano. Mientras, todos miramos para otro lado y el silencio nos hace cómplices. Los saharauis de las zonas ocupadas responden con paz a la violencia. Su gesto es un ejemplo pero todos miramos para otro lado. Nada hay más desolador que “el silencio de los bondadosos”. Conchi Moya.
De Gonzalo Moure Trenor

25/02/08

Lápices para a PAZ

Lápices para la PAZ se prepara para los Campamentos Saharauis.

Glana, una niña de 4 años, mira los últimos rayos de sol en el campo de refugiados de Smara. Como telón de fondo, la jaima de su familia.

El pueblo saharaui es conocido como los hijos de las nubes, pastores nómadas que seguían a las nubes a través del desierto durante semanas esperando la lluvia. Hace más de 30 años que siguen esperando otra quimera, la independencia de su patria. En 1975, con Franco en su lecho de muerte, tropas marroquíes y mauritanas invadieron el Sáhara Occidental (con el consentimiento de España) para dividir la antigua colonia española. Desde su partida del Sahara Occidental en 1975, dos generaciones de saharauis nacieron y viven una existencia indigente en los inhóspitos y descoloridos campos de refugiados de Tinduf, en Argelia. Allí, los saharauis permanecen en un estado de perpetua provisionalidad. Aproximadamente 150.000 saharauis viven en campos de refugiados cerca de la ciudad fronteriza de Tinduf. Estos campos están ubicados en el jardín del diablo, una sección de la hamada argelina barrida por el siroco, donde la temperatura puede subir hasta los 55 grados. Aunque han sido capaces de organizarse en los campos y conseguir un acceso limitado a la educación y la salud, el pueblo saharaui depende de la ayuda internacional que cada año es menos fiable. Informes del Alto Comisionado de Naciones Unidas para los Refugiados advierten de que los fondos están bajo mínimos.

Foto y texto de Nacho Hernández, fotógrafo participante del XI Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña.

Debido a los recientes y tristes acontecimientos en el Kurdistán iraquí y las dificultades con que nos encontramos para llevar la ayuda escolar, hemos decido posponer nuestro viaje a Irak. Pero esto no nos supone quedarnos quietas.
Lápices para la PAZ se dirige a los hijos de las nubes el próximo 14 de abril. Pone rumbo a un pueblo ignorado por los sucesivos gobiernos democráticos españoles, desoyendo sistemáticamente las reclamaciones de justicia, no sólo del Pueblo Saharaui, sino de miles de ciudadanos del estado español. Este abandono a su suerte, de 30 largos años, nos encontramos aproximadamente con 200.000 personas, mujeres niños y jóvenes que viven en situaciones extremas en la zona más inhóspita del desierto, con la mayor dignidad y a la espera del ansiado referéndum.

Quiero destacar el logro significativo del Frente Polisario al haber conseguido la escolarización del cien por cien de la población en edad escolar. Un éxito sin precedentes, dada las precarias situaciones como la falta de edificios escolares y material de enseñanza, con maestros escasísimos y sin apenas formación adecuada y en un ambiente bélico y de exilio. Por todo esto es imprescindible la ayuda humanitaria y la perdurabilidad de la educación.

Desde aquí hago un llamamiento a todas y todos aquellos que queréis colaborar con los niños de las nubes, con los niños saharauis.
Sólo recordar que Lápices para la PAZ es un proyecto de personas que creemos en un mundo más justo y nos movilizamos por esta causa. Y como lo fue en Palestina llevaremos la ayuda de persona a persona, de tu a tu, como se ha hecho hace miles de años, sin intermediarios.

Estamos recogiendo diverso material escolar en Madrid. Lápices de colores, gomas de borrar, rotuladores, plastilina, sacapuntas, (Libros de texto no)..etc.
Sólo tenéis que mandarlo por correo o llevarlo personalmente a la siguiente dirección:

Sección Sindical CC.OO.
Hospital General Universitario Gregorio Marañón
C/ Doctor Esquerdo, 46
28007 Madrid
O si por lo contrario queréis aportar algún donativo:

Cuenta bancaria, a nombre de la ONG Infancia Solidaria, donde puedes ingresar, mediante transferencia o ingreso en efectivo, tu donación:
La Caixa 2100.4179.93.2200045563
Poner en concepto: Sáhara “Lápices para la paz”.

Una vez realizado tu ingreso, y a efectos de la desgravación fiscal del 25% de tu aportación, deberás remitir un correo electrónico a is@infanciasolidaria.org con tu nombre, dirección postal y NIF.
Todo esto antes del 10 de abril del 2008.

Por la infancia y la educación y porque ¡otro mundo sí que es posible!.



De Lápices para la PAZ