23/11/14

Contando contra a violencia

Dende o Concello cada anos me piden que vaia a contar contra a Violencia de Xénero. Este ano acompañáronme dúas alumnas de 3º de ESO que forman parte do Club de Lectura pola Igualdade: Nerea e Cristina. Un bo xeito de comezar con este novo club no IES Laxeiro.








07/11/14

Makinaria e Penúltimas tendencias


A primeira reunión do club de lectura de 1º de Bacharelato de Poesía foi de luxo: arredor de Carlos Negro. Falounos destas dúas obras tan diferentes e con tanto en común, coa adolescencia como mar de fondo e coas voces que neles habitan. Falounos Carlos de como poñerse na pel de cada un deles, do traballo que lle custa a topar a palabra exacta, do tempo invertido na creación poética. Tamén falou da realidade que nos tocou vivir e dos estereotipos de xénero.
Desta volta, foi Carlos quen falou. As mozas e o mozo estiveron máis ben calados. Quizais porque é a primeira vez que nos xuntamos. Quizais sexa timidez. Veremos como vai!
O que si soubemos é que a case todas elas lles gustou máis o libro de Makinaria, algo que nos estrañou.