24/12/09

A Esmorga

Comentario de Ana Cristina Des Pérez

A esmorga
Eduardo Blanco Amor
Galaxia


Pareceume un libro bastante dinámico, aínda que algunhas veces non entendía ben algunha palabra.
A maneira en que o escritor escribiu o libro paréceme moi orixinal, porque hai que maxinar máis ou menos o que o xuíz lle está a preguntar. É un libro entretido, cun montón de pelexas que ten manteñen alerta.
O final sorprendeume moito. Non o esperaba.
O personaxe que máis me gustou, ao principio só, foi o Bocas, pero despois xa me pareceu un brutallán e un inconsciente con esa teima de que quería ver a aquela muller. Ao final decanteime polo personaxe de Cibrán, que dentro de todo o malo, era o máis sensato.
A parte máis desagradable do libro foi cando se ispen para secar a roupa e describen a Milhomes.
A conclusión que tirei cando rematei de ler o libro foi que me gustou e que todo o mundo debería lelo.

23/12/09

A Esmorga

Comentario de Andrea Rodríguez


Tras ler Xente ao Lonxe quedara con moitas ganas de volver a ler a Eduardo Blanco Amor, pero teño que dicir que me gustou moito máis aquel que este do que estamos arestora a falar. O que máis me chamou a atención foi o pensamento do protagonista, gústame como o describe e sente. Tamén se me aceleraba o corazón naqueles momentos nos que ían facer algunha falcatruada.

22/12/09

Roteiro A Esmorga

Hoxe tivemos unha reunión do club máis que especial. Por dous motivos: porque non nos reunimos na biblioteca para falar do libro e o segundo porque contamos coa visita de parte do club de lectura dos cursos pasados de Silleda. Así que a miña ledicia era moita. O malo foi o tempo: a choiva acompañounos de tal xeito que tivemos que abandonar o roteiro sen atopar a última placa.
Roteiro? Que roteiro?
Si. Se decidimos ler A Esmorga foi, entre outras cousas, por poder realizar algo diferente. Aínda que non saíu como queriamos por mor do tempo, resultou unha tarde interesante e totalmente diferente, poder recrear os pasos dos nosos protagonistas polo Ourense vello, unha cidade que tanto amo e unha parte vella que tanta xente descoñece.



Grazas Ana por acompañarnos e guiarnos, por mollarte connosco e por compartir a nosa tarde.

21/12/09

A mansión dos Pampín

Comentario de Andrea Rodríguez Pérez

Gústame como amosa a realidade do mundo dos construtores que só pensan en edificar e facer edificios cada vez máis grandes e impersoais co único fin de facer cartos.
Para min o máis destacado é o das axudas, porque hai moitas e conceden as que queren e a quen queren.
Paréceme incrible e deume moita rabia o dos castros e a actuación das institucións públicas ante o caso. Pasa só neste país?

Sobre A mansión dos Pampín

Hoxe reunión extra do club de lectura para falarmos d'A mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prado. Serviunos para reflexionar sobre o Dereito a unha vivenda digna, sobre o pouco amor polo noso, o escaso respecto polo noso patrimonio histórico e cultural, da especulación e da pouca ética dos construtores. Mesmo falamos da incultura como mai de todos estes males.
Tamén comentamos o achegamento á lectura en banda deseñada, un soporte ao que, curiosamente, non están acostumados. Deste libro dinnos:
Álbum de banda deseñada arredor do feismo arquitectónico e do caos urbanístico en clave de humor. Desenvolvido no marco do Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Tivo dúas edicións, comercialmente en castelán, publicada por Norma Editorial, e mais unha edición no orixinal en galego, da Consellería de Política Territorial en colaboración co COAG. O Proxecto Terra levou o premio á mellor iniciativa galega a prol da banda deseñada 2004, que otorgan o Concello de Ourense e a Casa da Xuventude de Ourense. En Portugal titulouse A mansão dos Pimpão (Ed.Asa) e en Francia La demeure des Gomez.

O libro baséase nas experiencias dun urbanita que no trance de sacarlle rendemento á vella casa da aldea entra en contacto con veciños ignorantes, construtores sen escrúpulos e alcaldes corruptos. A definición dos personaxes é maxistral, incluído o que podería ser o aparellador municipal, que en dúas viñetas trata de poñer un pouco de sentidiño nesta orxía de avaricia.



14/12/09

Ronseis de lectura III

El señor Pip tamén nos fixo reflexionar sobre o poder da literatura, da palabra escrita, do amor pola lectura e polos libros que, asemade, todos e toda compartimos no club:

- Alan Bennett: Una lectora nada común. Anagrama

- Ana Mª Fernández: Marta ten a solución. Galaxia

-Asne Seierstad: El librero de Kabul. Maeva

- Carlos María Domínguez: La casa de papel Mondadori

- Christine Aziz: Los lectores del país de las aceitunas

- Georgia Byng: Molly Moon y el increíble libro del hipnotismo

- Geraldine Brooks: Los guardianes del libro Círculo de Lectores

- Helene Hanff: 84, Charing Cross Road. Anagrama

- Marcela Serrano: La llorona. Planeta

- Marcos Calveiro. Festina Lente. Xerais

- Marie-Sabine Roger: Tardes con Margueritte. Duomo

- Martin Baltscheit: El pequeño señor Paul

- Paul Auster: El libro de las ilusiones

- Paul Auster: El palacio de la luna

- Ray Bradbury: Farenheit 451

- Roberto Vecchioni: El librero de Selinunte. Gadir

- Sam Savage: Firmin. Seix Barral

- Stefan Zweig: Mendel, el de los libros. Acantilado


13/12/09

Ronseis de lectura II

Este segundo Ronsel de lectura lévanos a falar de guerras e sufrimento. Case nada!

- Andrea Levy: Pequeña isla. Anagrama

- Andrew Miller: Los optimistas. Salamandra

- Ari Folman e David Polonsky: Vals con Bashir . Salamandra

- Atiq Rahimi: La piedra de la paciencia Círculo

- Cormac McCarthy: La carretera. Mondadori

- Cormac McCarthy: No es país para viejos. Mondadori

- Elena O'Callaghan e María Jesús Santos: El color de la arena. Edelvives

- Emmanuel Guibert, Didier Lefèvre e Frédéric Lemercier: El fotógrafo. Glenat

- Eric-Emmanuel Schmitt: Ulises from Bagdad . Destino

- Evelio Rosero: Los ejércitos. Tusquets

- Janice Y. K. Lee: La maestra de piano. Salamandra

- Julia Franck: A Muller do Mediodía. Sotelo Blanco

- Kader Abdolah: El reflejo de las palabras. Salamandra

- Lee Child: El camino difícil . RBA

- Magda Szabó: La puerta . Mondadori

- Manu Lacernet: La línea de fuego. Una aventura rocambolesca de Vincent van Gogh. Norma

- Manuel Cráneo: Os lobos de Moeche. Demo editorial

- Mario Benedetti: La tregua . Alianza

- Mary Shelley: El último hombre. El Cobre

- Miguel Anxo Murado: Fin de século en Palestina. Galaxia

- Nancy Huston: La huella del ángel. Salamandra

- Philippe Claudel: La nieta del señor Linh. Salamandra

- Sebastian Faulks: La canción del cielo . Seix Barral

- Vasili Grossman: Vida y destino Galaxia Gutenberg

- Víctor Serge: El caso Tulayev. Alfaguara

- Yasmina Khadra: Lo que el día debe a la noche. Destino

- Zlata Filipovic: Diario de Zlata. Aguilar


12/12/09

El señor Pip


Comentario de Andrea Rodríguez Pérez

Non sei por que foi un libro que non me chegou, e precisamente por iso me gustaría volver a lelo nun futuro para ver se cambia a miña opinión.
Aínda así o que máis me chamou a atención e aínda lle dou voltas é a personaxe do señor Watts, non entendo aínda agora a súa personalidade.
Posiblemente o que máis me gustou foi a forma de cambiar e darse conta das cousas da nai de Matilda, creo que é unha personaxe moi real precisamente por iso, porque amosa claroescuros coma calquera de nós.

11/12/09

El señor Pip

Comentario de Tania Veiga

O libro cóntanos en primeira persoa a historia de Matilde, unha rapaza que ten que vivir nunha pequena aldea durante a guerra civil. Por causa desta, apenas ten nivel escolar, pero todo cambia cando o señor Watts decide contar a historia de Pip reabrindo a escola, onde invita tamén ás mulleres do lugar para que conten o que saben da vida.
Todo isto atópase tinxido polo medo que sofre a xente ante a represión e a crueldade que se respira, ante o medo a seren atopados e esquilmados polos soldados de calquera bando. Malia todo, son atopados.
El señor Pip amosa as secuelas que provoca unha guerra, a perda de seres queridos, a unión no medio do odio por amor á vida e os posibles trastornos psicolóxicos que a crueldade provoca.

10/12/09

Arredor do señor Pip

Onte nova reunión do club de lectura, despois de exames e agobios. Para compensar o tempo, levamos de "deberes" dous libros para estes días que nos quedan antes do nadal. Como somos moi lectores, estamos encantad@s.
Aínda que encantada estou eu vendo como isto medra. Dous novos alumnos queren sumarse ás reunións, desta volta unha nova profe nos acompañou... e catros profes máis quixeron ler o libro aínda que non puideran asistir. Unha bola de neve calorosa que confío que o ano próximo teña a súa andaina particular.


Pero estabamos falando de que o libro que lemos foi El señor Pip, de Lloyd Jones, un libro máxico, tenro, feroz, literario... Cando estabamos comendo deime conta de que o grupo comezara a falar do libro, así, sen máis. Iso emocionoume profundamente. Eu, nun recuncho da mesa, falando coa outra profe, deime conta pouco a pouco da naturalidade que para eles tiña abordar os acontecementos do libro sen chegar á reunión. É unha sensación de orgullo e de benestar. Realmente, o libro deu moito de si. Falamos da crueldade do ser humanos, falamos da importancia da literatura, falamos da figura da nai, falamos das guerras... falamos e moito falamos, pasou o tempo deseguida!
De verdade, se non o coñecedes, se non o lestes, tentade facelo: o pracer dun bo libro está asegurado. Porque a fascinación do personaxe principal do libro pola lectura e pola literatura transmítese máis aló das súas páxinas. Porque sentiremos a violencia na nosa propia pel. Porque deixaranos unha pegada que moi poucos libros conseguen. Porque sempre queda a esperanza do futuro.