29/12/07

Bolboretas


Os saharauis extraen o mellor de cada sitio, como as bolboretas.
Despois de 28 anos de loita, non perden o seu sorriso.
AS bolboretas van voando de flor en flor en busca do mellor polen. O mesmo fan os saharauis, eles extraen o mellor de cada sitio, de cada situación, de cada cultura. Son xente que te invita a sentar con eles a tomar o té, un té que se pode prolongar até ben avanzada a noite. Para comer sacan o mellor da súa limitada despensa e para durmir ofrécenche o mellor rincón da súa haima e a mellor esteira.
Este valor de acollida, de hospitalidade é posiblemente o mellor polen que extraen do Islam.
Nas longas conversas un percátase do gran sentido do humor que teñen. Son unha xente que todo o dá e que non utiliza palabras como envexa e egoísmo, pero iso non xustifica que se lles queira quitar o que eles máis queren, a súa terra e o seu mar. Foron empurrados cara ao deserto polas tropas marroquís... Incrible comprender como, no medio dun escenario tan hostil e duro, como é o deserto, esta xente non perdeu o sorriso, senón que están máis unidos e máis fortes ante as adversidades.
Moitos homes estiveron longas temporadas na fronte, outros morreron. Tamén sacan algo positivo desta traxedia, xa que a muller desempeñou un papel moi importante para sacar adiante o pobo e topa unha recompensa na escala da igualdade de sexos. Grazas a un sistema político que consiste nunha república democrática na que as mulleres votan. E topamos mulleres profesionais, mulleres que comparten veladas cos homes...
Quizais, o mellor deles é a tenrura, a solidariedade, a unión, a paciencia, a meditación, a amizade...


Recorte de prensa do ano 2004. Publicado no diario La Manyana de Lleida en febreiro do 2004. A sección titúlase: ESCUCHANDO LA VIDA.

28/12/07

27/12/07

A frase

Un día, soamente un día, para que o pobo saharaui acoda ás furnas e decida se desexa acceder á autodeterminación ou anexarse a Marrocos. Non é moito, verdade?

Mohamed Abdelaziz. Presidente da RASD

26/12/07

O muro da vergoña


Marrocos dividiu con este muro todo o Sáhara, de norte a sur, ocupando un país ilegalmente e pola forza. A área que se atopa no lado oeste do muro cara ás costas atlánticas é a chamada Territorios Ocupados. A zona situada ao lado este é a que chaman Territorios Liberados.
Este muro está protexido por ducias de miles de militares marroquís, que dispoñen de material e instalacións para levar a cabo o seu cometido, é dicir, evitar que os lexítimos propietarios destas terras volvan a elas e impedir que os propietarios destas terras, secuestrados no seu propio país, poidan circular libremente. Con esta división os que gobernan Marrocos ocupan pola forza a zona máis rica do Sáhara Occidental, explótana e negocian coa Unión Europea e o resto do mundo.

Estas cinco imaxes están tomadas a uns 19 km ao sureste de Smara, arredor das coordenadas terrestres:
Latitud 26º 38' 02,51” N (norte)

Longitud 11º 33' 38,79” W (oeste)

Altura del ojo entre 3 km y 400 metros














24/12/07

Sáhara libre

Un grupo novo de punk realizou unha montaxe cunha canción e unha imaxes. Titúlase Sahara Libre, o berro que se repite en moitas gorxas en todo o mundo.
Este é o texto da mensaxe e o vídeo:

Hola. Somos Ateodicea, un grupo de Punk-rock de Huércal de Almería (Almería). Recogiendo imágenes e información hemos hecho un pequeño montaje, en forma de documental, de una canción nuestra llamada "Sahara libre".

23/12/07

Poetas saharauis

No VI festival de poesía do Moncayo os poetas exilados saharauis rendiron homenaxe a Machado. A súa poesía vai directa ao corazón e ás conciencias, fala de álamos, de amores, de páramos ermos e fríos e de primaveras serodias pero á vez inmensamente doces.
Os poetas saharauis, como Antonio, deixaron de chorar e son peregrinos nunha terra estraña, non hai camiños para eles, fixeron camiño ao andar, golpe a golpe, verso a verso, soñan en ríos e fontanas que flúen da alma e traballan coa pluma deixando estelas de palabras que nos fan soñar nun futuro pleno de esperanza.

22/12/07

El Aaiún

Capital do Sáhara occidental

20/12/07

Canción

"Es mi pais el lugar donde vive mi gente

Es mi pais, el pasado, futuro y presente

Es mi pais, es mi pais, es mi pais.

Me cuentan que tengo Tierra y solidaridad

Me cuentan que tengo todo, árboles y mar

rios y montañas, animales al azar

Es mi pais...

Creemos en la paz, en la solidaridad

juntos gritaremos, viva la libertad"

Canción saharaui.



17/12/07

A nosa imaxe

Esperamos non descubrir nunca que poderiamos facer de non termos un anxo da garda para nos protexer e axudar. Grazas a el amosámosvos o logo que nos identificará a partir de agora:

Momentos de silencio compartido

Mañá comeza a súa andaina o noso club de lectura Momentos de silencio compartido, un club que nace pola preocupación ante a falta de respecto polos Dereitos Humanos, e que este ano se centrará na situación do pobo saharaui. Coas lecturas propostas tentaremos achegarnos a este pobo, coñecer a súa situación... poñer un pequeno gran de area, en definitiva.
Aínda que temos previsto que as reunións se celebren os venres, para que así poidan asistir @s nos@s ex-alumn@s apuntad@s, o motivo de que esta primeira reunión se celebre este día da semana débese á aposta pola lectura no Nadal do primeiro libro proposto. E, por suposto, necesitamos achegarnos aos integrantes do club (o número supera as nosas expectativas con creces, xa que ademais dun elevado número de alumn@s de 4º, temos a nove mamás e outr@s tant@s ex-alumn@s) para explicar en que consiste o mesmo: un club de lectura que será máis que ler e comentar, posto que contará coa presenza de autores, o achegamento ás novas tecnoloxías, etc. Sabemos, por tanto, que mañá non contaremos coa presenza de todos os membros, pero estarán sempre debidamente informados para que xa no novo ano poidamos reunirnos en condicións.