20/02/14

Yo soy Malala


Foi Alba quen pediu que nos reunísemos arredor deste libro, foi ela quen quería saber máis sobre esta nena que abraia ao mundo enteiro pola súa fouteza e foi ela quen, finalmente, realizou un traballo nas aulas sobre Malala. E foi ela quen dirixiu a reunión do club de lectura, emocionada como estaba falando dunha nena que tiña moi claro que o seu dereito á educación está por riba mesmo da súa vida. O mellor de todo foi que este libro estivo moito tempo nas casas porque tamén nais e pais querían lelo, así que creo que por vez primeira arrastramos ás familias na nosa lectura. Foi moi interesante ver como todos no club sentían o inmenso privilexio de teren nado aquí con todo o que iso supón.
Levounos máis tempo do que pensabamos lelo porque pareceulles moi groso, pero pagou a pena, xaora!

E non deixedes de vela aquí.

14/02/14

A visita de Pedro Feijoo, na prensa

Unha vez máis, a prensa local recolle a visita do noso convidado ao club de lectura:

http://www.farodevigo.es/opinion/2014/02/14/merza-brass-participa-sorteo-instrumentos/966912.html?utm_medium=rss



El libro A memoria da choiva, de Pedro Feijoo fue la protagonista de la sesión del Club de Lectura de la Biblioteca Municipal "Daniel Castelao" de Silleda. El autor de esta trepidante obra, que será presentada el 28 de febrero en la librería Vagalume de Lalín, fue obsequiado por los organizadores del evento antes de realizar el encuentro con los miembros del club de lectura trasdezano.

13/02/14

A memoria da choiva

O noso club de lectura de adult@s é unha auténtica gozada que cada día me proporciona maiores alegrías. Hoxe tivemos o inmenso pracer de recibir a Pedro Feijoo para compartir con el o libro que vimos de ler, A memoria da choiva. Case tiven que lles prohibir que a nosa próxima reunión fose arredor de Os fillos do mar!!!
Pedro comezou contando por que é tan importante para el situar ao lector en lugares coñecidos, é un xogo que lle dá confianza e ao que acode tamén como lector. Non só utiliza este tipo de lugares senón que hai segundas lecturas, as localizacións que aparecen teñen vínculos. Xoga asemade cos nomes dos personaxes, chiscadelas que o lector, se así o desexa, pode interactuar, procurar mesmo persoas reais. Isto vén provocado porque a Literatura debe deixar de ser tan transcendental.
En A memoria da choiva hai mestura de ficción e realidade. No caso de Rosalía foi moi complicado achegarse á súa árbore xenealóxica, xa que o propio Murguía enterrou a súa propia memoria. Pero Pedro tiña moi claro que Rosalía é de todos e non é de ninguén.
Un dos lectores felicita a Pedro polo ritmo da novela, un ritmo cinematográfico no que todos os personaxes son sospeitosos, facéndolle lembrar a Chesterton (Calígula: mátao despacio, que sinta o que é morrer). Pedro asegura que el, precisamente, busca enganchar ao lector a base dunha linguaxe lixeira e un ritmo rápido.
Pedro Feijoo tamén nos trouxo unha das súas libretas onde el vai escribindo e anotando as súas novelas, dúas plumas e unha navalla, o seu obxecto fetiche, que herdou do seu avó e que era de... ÁLVARO CUNQUEIRO!!! Case volve á casa sen ela!