Amosando publicacións coa etiqueta Debate. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Debate. Amosar todas as publicacións

22/03/11

Nós tamén plantamos árbores

O mes de marzo adicámolo aos Dereitos da Natureza, polo que o libro escollido foi O home que plantaba árbores de Jean Giono.

Guadalupe Barreiro, sobre o libro:

Trata dun home que vai polo deserto e no medio deste encontra unha casa: é a casa dun home que vive só co seu gando. O home ofrécelle auga e refuxio ao viaxeiro e queda alí durante un tempo. Cando o viaxeiro se dá conta de que o home está a plantar landras no deserto, faille moitas preguntas. Ao longo de moitos anos, o home seguiu plantando árbores ata que, xa moi maior, ve o seu froito: un terreo cheo de árbores no deserto. Agora estas árbores están protexidas, aínda que ninguén sabe quen as plantou.
O libro gustoume moito porque vese reflectida a esperanza do home e o cariño co que fai as cousas.

A Carolina Gulías tamén lle gustou o libro polo de cariño á natureza que este transmite.

28/02/11

Con "A caixa de cartón"


En febreiro falamos de inmigración. E o álbum que nos serviu para debater sobre este tema foi A caixa de cartón.

Isto é o que opina Nerea García Vázquez sobre este libro:

É un libro triste que está baseado na realidade: a xente que todo o temos rímonos dos que pouco teñen. Neste caso, unha xente que sobreviviu a unha tempestade no mar, con caixas de cartón como casas, dannos unha lección de vida. Como gardar os recordos nunha caixa de cartón.

Guadalupe Barreiro di que este foi un dos libros que máis lle gustou, xa que relata unha historia de tristura pero aínda así cabe a esperanza e a ledicia.

Carolina Gulías volve a redundar na tristura do relato.

25/01/11

Analizando o nazismo


No mes de xaneiro comezamos a quenda dos álbums ilustrados.
O primeiro libro escollido foi Fume para falar da Segunda Guerra Mundial, xunto con "A historia de Erika".


Nerea García Vázquez opina de "Fume":

Esta historia tamén é triste e real. Baséase na Segunda Guerra Mundial, na que secuestraron a moitas familias xudías e xitanas e as meteron en campos de concentración. Neste horrible lugar fanse dous nenos amigos, que acabarán morrendo, tal como sucede na realidade, na cámara de gas.

Guadalupe Barreiro cre que o libro reflicte moi bena dor das guerras e das separacións familiares.

Carolina Gulías cre que o libro serve para achegar máis o coñecemento da Segunda Guerra Mundial e como o pasaban as familias.

Respecto á "A historia de Erika", Guadalupe di que o principio é triste pero que lle gustou porque Erika conta orgullosa a proeza dos seus pais por salvala, por iso cre que no ceo as estrelas son a imaxe da valentía dos seus pais. Porén, a Carolina, o libro non lle gustou.

23/12/10

Arredor de "Tristes Armas"


A reunión do mes de decembro foi moi especial, xa que xuntamos os dous clubs de lectura, comemos na biblioteca a comida de nadal e falamos de Tristes Armas. Un libro que nos levou a falar da Guerra Civil, da separación dos pais, da fraternidade, de sentimentos... Tivo moito éxito entre o alumnado, que unha vez máis opinou que remataba "mal".
Carolina Gulías opina que o libro é moi triste pola temática en si, pola separación das nenas e dos pais.
Guadalupe Barreiro di que o libro non lle gustou tanto coma outros porque prefería que o final fose mellor.
Carolina Gulías está de acordo con Guadalupe.

18/11/10

Arredor de "A casiña azul"


O martes día 16 deste mes xuntámonos por primeira vez co club de lectura de 1º ciclo para falarmos arredor de "A casiña azul", escrito por Sandra Comino e publicado pola editorial Galaxia. O libro xira arredor da violencia exercida sobre unha nena por parte do seu pai, o medo, a mentira, a vergoña. De todo isto falamos este día onde as nenas de 2º de ESO por primeira vez se xuntaban arredor dun libro para esmiuzalo e tirar as aportacións que cadaquén tiña dentro de si.
O libro foi escollido este mes por precisamente tratar o tema da violencia de xénero.
Seica lles gustou moito, un acerto de primeiras sempre é propicio!

14/02/08

Opinións (6)

Agustina González cre que

Estivo moi ben que viñese o autor, xa que as súas vivencias no Sáhara axudáronme a comprender a precaria situación que está a vivir ese pobo.
Ademais, alégrame saber que imos ler libros sobre este pobo tan desfavorecido.

13/02/08

Opinións (5)

Enma Vázquez di que:

Primeiro de nada darlle as grazas a Fran Alonso por darnos esa grandisima charla que me adentrou nas penurias que pasan lonxe pero cerca de nós. Creo que non hai palabras para describir o que Frran me trasmitiu e nos trasmitiu a todos. Escoitar as súas propias historias do Sahara foi quizais o que máis me sorprendeu. Aínda que non preguntei nada no tempo de preguntas foi do máis intereasnte da súa charla, simplemente foi marabillosa.

Opinións (4)

Icíar Rodríguez cre que:

a tarde que pasamos con Fran Alonso eu ao principio non me enteraba de moito porque estaba algo descentrada pero pouco tardei en escoitalo ao 100% e.. que ben falaba! recitaba moi ben as poesías, algunhas das que dixo parecíanme horribles pero ditas como as dixo el sonaban bonitas! E respecto ao do Sahara, pois pareceume moi interesante, vivir todas esas cousas debe ser moito!

12/02/08

Opinións (3)

Sara Vallo Munín reflexiona sobre a visita de Fran e o seu libro:

O libro Territorio ocupado pareceume un libro moi interesante. Aínda que ao comezo non o entendía moi ben. Encantoume a charla que nos deu Fran Alonso, porque serviu para que me enterase da situación do Sahara; desilusionoume moito o que fixo o goberno español, e o que aínda está a facer.
A visita do autor foi divertida, interesante e importante. Grazas a el agora sei moito máis sobre o Sáhara, que é o tema do noso club de lectura.
En definitiva, gustoume moito a visita do autor.



11/02/08

Opinións (2)

Carme Ares reflexiona sobre o libro e sobre a visita de Fran Alonso:

Desasosego, rabia, ira, impotencia... isto e máis é o que a lectura de "Territorio ocupado" provoca en nós. O relato de/sobre a situación de pobo saharaui bate no lector como unha inmensa labazada. Compartir con cada unha das persoas-personaxe que aparecen no libro a loita diaria das súas vidas desacóuganos máis ca calquera outra inxustiza que nos poida chegar a través dunha obra escrita. Pero, por que? Quizais porque eu, lectora, lin este libro "dende o futuro" e sei que o problema que os saharauis tiñan en 1998 hoxe, segue, incriblemente, sen estar resolto; a esperanza que daquela os mantiña hoxe xa non existe e o seu esforzo foi inútil. Talvez, tamén porque sabemos que é case imposible que haxa unha solución digna, tanto para os que viven nos campos de refuxiados como para os que quedaron en/no territorio ocupado.
Entón, esta vez onde o pracer de ler? Só no pracer de coñecer unha realidade que, por inxusta que pareza, existe; e no pracer de saber que alguén, Fran Alonso, nola quixo amosar con honestidade e rigor.
Grazas.

10/02/08

As opinións (1)

Lorena Bibián Caramés reflexiona sobre a visita de Fran Alonso:

Foi moi agradable e interesante. Quizais o que menos me gustou foi cando nos contou a historia do Sáhara, que eu xa lera no libro, pero cando comezou o debate aprendín moito. Aínda que eu non preguntase nada gústame escoitar á xente e aprender. E ese día aprendín moito. De feito, o tempo pasou voando e non nos demos conta da hora que era.
Au pediría que algo así se volva a repetir. Que veñan os escritores é unha actividade que me encanta.

26/01/08

Trinta anos despois

Atopamos este debate... agora tes ti a palabra: