11/02/08

Opinións (2)

Carme Ares reflexiona sobre o libro e sobre a visita de Fran Alonso:

Desasosego, rabia, ira, impotencia... isto e máis é o que a lectura de "Territorio ocupado" provoca en nós. O relato de/sobre a situación de pobo saharaui bate no lector como unha inmensa labazada. Compartir con cada unha das persoas-personaxe que aparecen no libro a loita diaria das súas vidas desacóuganos máis ca calquera outra inxustiza que nos poida chegar a través dunha obra escrita. Pero, por que? Quizais porque eu, lectora, lin este libro "dende o futuro" e sei que o problema que os saharauis tiñan en 1998 hoxe, segue, incriblemente, sen estar resolto; a esperanza que daquela os mantiña hoxe xa non existe e o seu esforzo foi inútil. Talvez, tamén porque sabemos que é case imposible que haxa unha solución digna, tanto para os que viven nos campos de refuxiados como para os que quedaron en/no territorio ocupado.
Entón, esta vez onde o pracer de ler? Só no pracer de coñecer unha realidade que, por inxusta que pareza, existe; e no pracer de saber que alguén, Fran Alonso, nola quixo amosar con honestidade e rigor.
Grazas.

Ningún comentario: