Este ano foron os membros de dous dos clubs do Laxeiro os que decidiron unirse para contar contos pola Igualdade e contra a violencia de xénero. Onde foi? en "Violarte". Si, seis mozas e mozos do club de lectura pola Igualdade están en 1º de Bacharelato e outras 6 mozas do club de lectura "Lois Pereiro" foron as protagonistas nesta xornada onde nenos e nenas escoitaban con atención os relatos dos contos que estas mozas e mozos estiveron dispostos a contar toda unha tarde de sábado.
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades realizadas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades realizadas b>. Amosar todas as publicacións
26/11/16
28/11/15
No concello, contra a violencia de xénero
O 25 de novembro o noso club de lectura protagonizou unha performance contra a violencia de xénero no concello de Lalín, nun acto organizado por este e no que participaron todos os centros educativos do noso concello, algúns como participantes e outros aportando un gran de area, como quixermos facer nós.
1.- Toda a comunidade educativa do IES Laxeiro declárase en
contra da violencia de xénero.
A violencia de xénero é un problema
social que afecta a todos os sectores da sociedade, incluída a poboación
xuvenil ou adolescente. A violencia non se inicia normalmente con agresións
físicas senón co comportamento de dominio ou abuso sen que, en moitas ocasións,
a adolescente teña conciencia de estar sufrindo esta violencia.
2.- Por iso:
A.- SE che
contesta mal, se che berra... aínda que logo pida perdón
B.- SE che
di como tes que te vestir, ou te critica polo teu aspecto
C.- Se non
che deixa saír cos amigos e coas amigas, se tenta illarte
Se fala mal
deles e delas para impedir que te xuntes con eles
D.- Se
sempre te está controlando, se che pregunta a todas horas que fas
Se che
revisa o móbil, o bolso, se anda a buscar algo entre as túas cousas
E.- Se te
menospreza, insulta ou denigra, se te ameaza ou humilla, a soas ou diante da
xente
F.- Se é
celoso ou posesivo, obrígate a obedecer e ser submisa, se te illa ou priva da
túa liberdade
G.- Se te
agarra, empurra ou zarandea, se che pega e logo pida perdón
H.- Se te
forza, se te obriga a ter relacións sexuais ou te chantaxea para telas
I.- Se te
viola, se abusa de ti
3.- Sempre é violencia de xénero. Saber identificala,
coñecela e rexeitala é fundamental dende o principio
4.- Cómpre unha educación en igualdade real que garanta as
relacións de iguais, sen condutas machistas, sen a superioridade dun xénero
sobre o outro, para rematar con esta grave lacra social.
AGORA AS
MOZAS VANSE ERGUENDO.
1.- Cómpre termos unha lexislación específica que asegure
unha resposta integral e coordinada das autoridades fronte á violencia de
xénero.
2.- Cómpre actuar coa debida dilixencia na investigación das
denuncias, a sanción dos responsables, a protección oportuna das vítimas e a
reparación dos danos sufridos.
3.- Cómpre asignar recursos suficientes que aseguren que
todas as mulleres teñan acceso a unha rede de protección axeitada que garanta a
súa seguridade.
4.- Cómpre recoñecer a persecución por motivos de xénero como
causa para acceder ou obter o estatuto de refuxiada.
5.- Cómpre eliminar as normas que exclúen as mulleres
inmigrantes indocumentadas do dereito ao acceso á rede pública de protección.
6.- Cómpre apoiar a iniciativa das asociacións de mulleres
europea de pór en marcha un Observatorio sobre Violencia de Xénero.
7.- Cómpre saber que nunha relación hai discusións,
problemas, e non por iso pasa nada.
8.- Cómpre saber que nunha relación non todo é perfecto.
9.- Cómpre saber que nunha relación, cada unha das partes ten
as súas amizades.
ENTRE TODOS
Paremos a violencia entre todos e
todas
22/11/15
Contando contra a violencia (II)
Un ano máis, estivemos presentes en "Violarte". Se o curso pasado estreábanse Nerea e Cristina, este curso fixémolo extensivo a todos os membros, aínda que ao final só puideron ir seis. E aí estiveron, lendo e contando contos pola Igualdade e contra a Violencia.
Somos unha potente canteira igualitaria!!!
E debemos celebrar asemade que o noso club arrasou no concurso organizado polo Concello de Twits contra a violencia de xénero. Parabéns!
14/11/15
Imos ao teatro IV
E volvemos ao teatro! Desta volta, para escachar a rir, dende logo. Marián Bañobre e Isabel Risco son dúas actrices complestas que saben bailar, actuar e improvisar. Do mellor que vimos ultimamente! E ao rematar, entre os pinchos ofrecidos, a nosa foto de rigor. Que luxo contar con xente así na escena galega!
24/10/15
Imos ao teatro (III)
Sempre que podemos facemos algunha actividade diferente á mera lectura compartida. O 23 de outubro fomos ao teatro a ver "Noiteboa", do lalinense Álex Sampayo, con Ernesto Chao, Mela Casal e Guillermo Carbajo, a quen tivemos a sorte de coñecer e fotografarnos con eles. Un luxo!
13/06/15
Clausura XII bienal Laxeiro
No noso afán de vivir novas experiencias e de trasladar á sociedade a cantidade de actividades que un club de lectura pode realizar, colaboramos co encargado do museo "RAmón Mª Aller" na Clausura da XII Bienal "Pintor Laxeiro" con lectura de poemas insertados na conferencia do filósofo Santiago Losada Carregal.
O acto foi mesmo portada do Faro de Vigo e nova no seu interior, tal como consta aquí.
15/05/15
Imos ao teatro (II)
Desta volta, fomos ver "As fillas bravas" de Chevere, moi acaído para o noso club por conter unha mensaxe que sensibiliza a sociedade fronte á violencia de xénero e a desigualdade. Ademais, pasámolo moi, moi ben.
Falamos de...
Actividades realizadas,
Club de Lectura pola Igualdade,
Humor,
Igualdade da Muller,
No teatro
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















