15/03/09

Fin de século en Palestina

Comentario de Thalía Troitiño González


Fin de século en Palestina
Miguel Anxo Murado
Galaxia


Encantoume. Gustoume moitísimo. Recoméndollelo a todos e a todas @s que estean interesados en saber o que pasa no mundo, concretamente en Oriente Medio.
Este libro fíxome sentir moitas cousas, que non dou explicado con palabras. Por exemplo, o simple feito de que unha cidade estea dividida por residir nela culturas diferentes pareceume moi sorprendente.
Tamén me pareceu incrible a idea que poden chegar a ter unhas persoas doutras. Gustoume o xeito de escribir de Murado, sobre todo a forma que ten de expresar os sentimentos.
E encantoume a frase coa que remata o libro "Un só ano en Xerusalen aseguraba unha vida eterna no paraíso".
Pareceume moi sorprendente que ao final se acabara acostumando aos constantes atentados que nese país ocorren, como cando é quen de seguir a durmir a pesar de que estoupan as bombas ao seu carón. É abraiante como os seres humanos nos acabamos adapatando ás cousas.
O longo período de 5 anos que pasou o autor en Palestina... ao principio parecían eternos, pero ao final comprendín que para poder chegar a entender o que neses países ocorre foron necesarios e tamén suficientes.
Ao principio, non sei se era que o tempo pasaba moi lento ou que era, facíame sentir rara polo feito de que el non me amosaba sentimento de morriña e en ningún momento falaba da súa familia. Pero cando cheguei á parte na que ía a España sentín como se algo se liberase dentro de min. É como seu eu sentise morriña por el.
Creo que podería seguir falando durante moito tempo deste país e do que alí acontece, pero considero que todo aquel que de verdade queira entender isto ten que ler o libro, pois paga a pena.
Eu despois de telo lido sinto como se estivese máis preto.