29/03/08

Visita de Gonzalo. Opinións (3)

Son Enma Vázquez:

Se a visita de Fran Alonso foi incrible esta foi moitísimo máis. Dende o principio xa me caeu xenial porque se integrou connosco e non se distanciou de nós. Dende que empezou a falar falounos cunha confianza que nos dou pé a animarnos a nós a falar. A min persoalmente encantoume a súa forma de falar do Sáhara con ese cariño que el demostraba cara el. Cada vez teño máis ganas de ir ao Sáhara e ver como viven e axudalos en todo o que eu poida facer. Definitivamente encantoume a charla. Grazas Gonzalo.

Ningún comentario: