27/03/08

Visita de Gonzalo Moure

Agora mesmo, nove e media da noite, estou a chegar da reunión do noso club de lectura. Unha reunión tan especial que quedará impresa nas nosas memorias e seguro aloxarase nun lugar recóndito ata que dentro de moitos anos os nosos soños nola devolvan nitidamente, a toda cor. Sento a escribir coa maxia na man, cun sorriso no corazón, e cos ecos do Sáhara na cabeza. Son consciente dos agasallos que ás veces nos chegan en forma de persoas. E son consciente de que entre toda a tristura dos acontecementos hai luces que fan fracasar os naufraxios perennes. Sei que hoxe avanzamos un paso máis na inconsistencia que nos dá a vida e nos miles de enigmas -sen solución- que esta nos dirixe.
Tres horas estivemos a falar con Gonzalo Moure. Máis falou el, claro, xa que -estrañamente- os integrantes do club de lectura estaban máis calados do habitual. E eu miraba as súas faces e percatábame de que o estaban porque escoitaban abraiados ao noso convidado, fascinados coa súa conversa. E esta acabou viaxando dende o Sáhara ata a mente, pasando polos soños dos animais e sobre todo pola literatura, a arte, a cultura e a vida. Porque do divino e o humano falamos nestas tres horas que a nada chegaron. Ata de física cuántica debatemos! E a frase: "la campana que no suena toca el silencio".
E quedámonos con aquilo de que "a literatura non é diversión. Le porque te vas emocionar, porque vas sentir cousas novas, le para ver que pasa".
E seguiremos lendo no noso club e no devir cotián dos nosos días, porque estou segura de termos lectoras e lectores que saben e senten e preguntan aínda que non topen resposta.
E como ata tivemos o luxo de ter un fotógrafo profesional, xa colgarei as fotos noutra ocasión. Porque este post só quería ser un pequeno agradecemento a tanta xenerosidade.
Grazas Darío pola oportunidade.
Grazas Gonzalo pola compañía.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Hola, Gracia, hola a todas ;)
Ahora te leo y siento como si volviera a estar ahí, con vosotras. Qué cansado estaba, pero qué feliz. Fueron tres horas, que es mucho y es poco. Si no hubiera estado tan agotado por varias horas de encuentros en otros centros habría estado mucho más coherente, pero tengo que aprovechar los viajes, y más si voy de la mano de Darío, que me explota cariñosamente.
Es verdad lo que dice Gracia: hablé mucho más de lo que debía. Pero hablásteis con vuestra presencia, con lo que sois, con la enorme suerte de formar parte de un club de lectura como el vuestro. La verdad: no supe, por pura torpeza, motivaros para hablar y opinar, y ahora me da coraje no haberlo sabido hacer. Si queréis, nos volvemos a ver el año que viene, merendamos con pan de Cea (o de no sé dónde que es aún mejor), y de verdad charlamos, nos escuchamos unos a otros.
Pero quiero que sepáis que devolvéis la esperanza. En todo.
Si me aceptáis, aunque no vaya a las reuniones, seré uno de vosotr(a)s ya para siempre.
Gonzalo.

Anónimo dixo...

[i]Ola a todos! Somos Ici y Laura.
Que decir de este maravilloso autor? No sabemos como explicar todo lo que nos parecio puesto que no acabariamos nunca. Pensamos que es una persona muy cercana a nosotros, aprendimos mucho con el en esa tarde de club de lectura, ya que no solo habló del Sahara, sino de muchos mas temas importantes de la vida (y no decimos que el Sahara no sea importante).
Nos encantaron las historias que contó y nos asombraron mucho.
Esperamos que vuelva algun dia.

..IcI & LauRa..
[/i]

Asesoría Bibliotecas Escolares dixo...

Parabens ás/aos integrantes deste Club de Lectura.... envexa me dá esa sesión con Gonzalo Moure. Tiven a sorte de coñecelo hai pouco e se me gustou moito a charla súa á que asistín, canto non había disfrutar dunha sesión de club de lectura como a que vivistes. Que sorte temos de poder contar con escritores e escritoras que como él, nos axudan a mirar máis lonxe, a mirar mellor, o mundo no que vivimos...
Norabao por este club e ánimo a tod@s!!