05/02/08

Un pequeno vídeo

Este é un pequeno vídeo explicativo sobre o que aconteceu e acontece no Sáhara.



03/02/08

Poemas

Un poema dun dos poetas da Xeración da Amizade, que escriben en castelán, a súa segunda/primeira lingua: Limam Boicha. O primeiro por Aminetu, a “Gandhi do Sáhara”, a muller que viaxou ata El Aaiun para ser detida e compartir o destino de torturas e cárcere coos xoves presos no Cárcere Negro.
Aminetu

En Ti araron un surco
y desgajaron tus ramas,
tus tallos,
tus pétalos.
Te negaron
sorbos de agua,
rayos de luz,y hasta un trozo de Melhfa.
Pero en Ti existe
una exuberante vegetación de memoria,
una brisa del océano,
y esa próxima
y anhelada lluvia nuestra.

GALB
Me pregunta un viajero
qué significa un galb.
Digo yo, por ejemplo,
que Miyek es un lunar
en el vientre de esta tierra.
que Ziza, por ejemplo,
es pecho en lengua bereber,
y que el ala de una duna
puede tocar el mar del cielo.
Digo yo, por ejemplo,
que en los altos picos
de prismáticos amaneceres
- frotando su piel-
hay mucha vida dormida.
Que en la piedra pasajera
hay platillos estacionados,
islas que emergen
desde el océano de la nada.
Un galb puede ser, por ejemplo,
el nombre de una muchacha esculpida
entre las pestañas de una cueva.
Como Tiris es el ombligo del Sahara,
galb es un corazón,
corazón de piedra.

Limam Boicha

26/01/08

Trinta anos despois

Atopamos este debate... agora tes ti a palabra:



Un pobo no esquecemento

Viven no esquecemento, en campos de refuxiados...

25/01/08

O diálogo

Cando Fran Alonso rematou de contar a súa historia particular, foron moitas as preguntas que nos asaltaron. Por iso a sesión se prolongou tanto tempo. E por iso non queriamos rematala. O tempo voou entre as nosas mans, mentre vagabamos polo deserto, visitando as jaimas e tentando sentir esa desolación que se apodera dun pobo tratado inxustamente pola historia.
Tratado inxustamente pola historia? Tratado inxustamente por España. Deberiamos dicir. O goberno español nunca apoiou aos saharauis cando foron invadidos por Marrocos. Incluso lle venden armas a Marrocos. Aínda hoxe se fai.
O curioso é que o pobo español apoia a causa saharaui. Disto falamos tempo. Por que o goberno nos se fai eco deste apoio? Por causas económicas. Ao goberno convelle levarse ben con Marrocos. Pero por que non se usa, por exemplo, como arma electoral? Polas mesmas causas.
Unha mamá, compañeira noutro centro de ensino, comentou que unha das cousas que máis lle chamara a atención fora a de que a xente íase formar fóra, sobre todo a Cuba, e que todos eles volvían. Que son máis desprendidos ca nós. Pero que lle producían moita tristura as palabras de Fran: hoxe en día a xente estase a quedar fóra.
Este foi un dos libros que máis lle custou escribir polo grao de implicación e polos lazos de afectividade con moitas persoas.
Seguen tendo poder as mulleres? Seguiron loitando por perdelo, organizándose. É unha sociedade islámica moi diferente, a relixión é algo moi íntimo.

A historia de Fran

"No libro conto a historia a través das súas propias voces, falei con moitísima xente e tamén con personaxes históricos, e a través dos seus testemuños orais eu exercía de xornalista. Alí o libro funciona como un álbum de fotos. Tentei reconstruír a historia dos saharauis nas súas voces.
O que máis me chamou a atención foi a súa vontade, unha vontade que vén da concienciación de saber que loitan por unha causa xusta, por volver a ver aos seus familiares que quedaran nas zonas ocupadas.
Hoxe en día son moi pesimista coa súa situación, por iso non son quen de volver alí. A situación está deteriorándose. Nunca se puxo en práctica o plan de paz, e o tempo desmoraliza. Non hai perspectivas de que se faga o referendum. Mesmo hoxe xa hai sectores que avogan por unha autonomía dentro de Marrocos, algo impensábel hai uns anos. E todo é polo nivel de desesperación que se acada nos campos de refuxiados. Neste foron evoluíndo e a situación cambiou radicalmente, están totalmente degradados e sen perspectivas de futuro.
O sistema de organización era modélico, coma un país en miniatura. Viven na zona máis dura do deserto do Sáhara, unha chaira onde non hai nada, algunha acacia con pinchos de cando en vez, e no chan pedras e alacráns. Sopra o Siroco, durísimo, parece que respiras area, non distingues ás persoas que están ao teu carón. De aí que haxa tanta asma.
As mulleres eran as que levaban a organización porque os homes estaban na loita armada. É unha situación inhabitual nas sociedades islámicas. Pero eles entenden a relixión como algo moi íntimo, son máis progresistas. As mulleres organizáronse en sindicatos para non perder o poder cando os homes regresaron.
Entre tanta penuria, é unha sociedade admirable, contan con centros de ensino, hospitais...
Paradoxicamente, nos últimos anos a situación deteriorouse polas visitas de nenos a Europa. Iso fixo que a súa causa fose máis coñecida pero produciuse que nesa sociedade igualitaria na pobreza comezasen as desigualdades, xa que había nenos que chegaban con moitos cartos, é dicir, o que era un acto de solidariedade converteuse nun acto de discriminación e agravio.
Hoxe a xente perdeu a esperanza e algo de empeño. Os saharauis que poden saír ao estranxeiro acaban quedando a vivir, porque a situación é demasiado dura. Isto antes non sucedía.
Sempre, sempre, foron xente pacífica. Ademais, danche o que non teñen"

Un pouco de historia

Fran Alonso comezou a súa intervención facendo un pequeno percorrido da historia do Sahara e de como chegou o seu interese:
"A primeira vez que contactei co problema do Sahara foi no ano 86, cando ía a Alxeria; alí a policía marroquí -a máis corrupta do mundo- estivo no noso furgón e buscaron os mapas para ver se estaban trazadas as fronteiras entre o Sahara e Marrocos; eles consideraban o Sahara parte do seu país, polo que non deberían aparecer. Nuns mapas que nós non elaboraramos. Pero non estabamos dispostos a pagar e estivemos alí bastante tempo. Aí comecei a preocuparme polo pobo saharaui.
Cando volvín no ano 94 a situación era diferente: guerra civil, estranxeiros ameazados de morte polo islamismo integrista. En Tindouf, ao aterrar, fomos escoltados polo exército.
Os saharauis son un pobo nómada que viven de viaxar asentándose en campamentos e comerciando. Non debemos confundilos cos "homes azuis" ou tuareg.
España polos anos 30 comezou a conquistar o territorio polo que se movían os saharauis e Franco nomeuno "provincia de España", con DNI e documentos españois; elaborouse un censo, dificultoso precisamente porque son un pobo nómada. Franco soñaba cunha España máis grande, pero ademais había intereses: minas de fosfato que producían un capital importante, onde foron empregando aos saharauis, renunciando ao seu estilo de vida nómada. Alí naceu o nacionalismo saharaui e comezou a Fronte Polisaria. España impuxo unha administración que obrigou a asentarse aos saharauis; estes comezaron a integrarse no sistema de ensino español, vían a Televisión española... eran españois administrativamente. Nos anos 70 fíxose un censo dunha 90000 persoas, censo sobre o que se faría o Referendum a favor da independencia, un censo irreal polo nomadismo pero que se admitiu como válido.
O nacionalismo saharaui foi medrando nos anos 70: era o último pobo en situación de colonización en África.
En setembro do ano 75 prodúcese a "Marcha Verde": Marrocos, que aspiraba a colonizar ese territorio -a pesares de que a cultura marroquí nada ten que ver coa cultura saharaui, son bereberes e alahuís-, aproveitou a morte do ditador Franco para ocupar o Sahara xunto con Mauritania, país que si se achega máis ao seu xeito de vida.
O clima de terror foi tan grande que case toda a poboación fuxiu a través do deserto ata chegar preto da fronteira con Alxeria, en pleno inverno e cun frío atroz. A Fronte Polisaria axudou á poboación na clandestinidade, perseguidos polo exército marroquí e acadando a total simpatía do pobo saharaui.
Cando se refuxiaron sen armas en distintos campamentos, os marroquís atácaronos e destrozáronos. Cruzan entón a fronteira a Alxeria e instálanse nos arredores de Tindouf. Alí permanecen até hoxe e alí iniciouse unha longa guerra até o ano 91.

Con Fran Alonso

Hoxe tivemos a sorte e o honor de que o autor do primeiro libro elixido nos acompañase na nosa reunión do club de lectura. E foi unha reunión tan amena e dinámica que en lugar da hora prevista estivemos dúas horas e media, falando da situación do Sahara e comprendendo e aprendendo moitas cousas sobre ese pobo e o xeito de vivir no deserto.
Primeiro Fran Alonso comezou a explicarnos o por que da nosa preocupación polo que parece maís afastado. Segundo el, as distancias son cada vez máis pequenas e as cousas que suceden lonxe aféctannos tanto como as máis cercanas. Un exemplo constitúeo a guerra de Irak, que inflúe directamente no prezo do petróleo e con el a inflación de todos os produtos que consumimos.
Ademais, Fran Alonso cre que como escritor a súa ollada, aínda vivindo aquí, debe dirixirse ao mundo enteiro, polo que debe existir o Sahara, Senegal, Montevideo..., el tenta botar unha ollada ao mundo porque precisamente a nosa sociedade é máis mestiza e plural.
Logo contounos a súa experiencia no Sahara e a situación actual sobre a que el se amosa tan pesimista.

21/01/08

As bombas matan

Ayer el diario El País ofrecía una pequeña noticia que contenía una gran infamia: nuestro gobierno ha “regalado” a Marruecos unas extrañas máquinas que sirven para dejar caer bombas desde los aviones con suma facilidad. Hace 32 años, los aviones marroquíes dejaron caer bombas sobre población indefensa en Um Draiga, un enclave en el que murieron miles de ancianos, mujeres y niños, en camino hacia el exilio. Bombas de napalm y de fósforo. Algunas mujeres aún conservan en su pecho la terrible cicatriz en forma de cuerpecito humano: se las hicieron tratando de apagar a los niños que ardían bañados en fósforo y fuego.La siguiente caída de bombas desde aviones marroquíes tuvo lugar en 1991 sobre Tifariti: sobre escuelas y hospitales construídos con enorme esfuerzo para acoger a la población que tenía que acudir allí a votar en el referéndum de autodeterminación de la ONU. Fueron aquellas bombas las que acabaron con el referéndum y con el sueño de recobrar su tierra.Y ahora mi gobierno “regala” a esos mismos militares sofisticados ingenios para despachar más bombas por minuto.Siento vergüenza y dolor. Nos preocupa más la caída de la bolsa que la caída de las bombas. Nos preocupa más el despegue de los precios del pan que el despegue de los aviones de guerra.Nuestro gobierno no “regala”: ofrece los cuerpos de los saharauis en el altar de los sacrificios, para acallar a la bestia: para que no quite los privilegios a las empresas españolas que fabrican en Marruecos pagando sueldos de hambre. Por el dinero, por lo más vil.Vergüenza, dolor y asco.

Mire, señor espía, tome nota también: quinientos niños de un colegio de Pontevedra (el San Narciso, de Marín) decidieron enviar un bibliobús a los campamentos de refugiados para que los niños saharauis tengan libros de lectura en castellano. El bibliobús se va a llamar Bubisher, y ya está siendo pintado con colores de vida. Para lograrlo, cada niño se priva de un capricho pequeño una vez a la semana y deposita treinta céntimos de euro en una caja. Cada año ingresan entre todos un cheque de 3.000 euros. Para bombardear con libros y cultura las escuelas.Yo, me apunto a ese bombardeo.

De Gonzalo Moure Trenor

18/01/08

Territorio ocupado de Fran Alonso


O primeiro libro lido no noso club de lectura foi este libro, Territorio ocupado, de Fran Alonso. E escollémolo porque pensamos que é o libro ideal para situarnos neste mundo descoñecido que o noso club quere comezar a explorar.
Territorio ocupado non é exactamente unha novela, senón que o autor utiliza as técnicas literarias ao servizo do xornalismo para introducirnos nese mundo ocupado inxustamente por un país veciño, Marrocos, que se nega a deixalo vivir como nación, pero que tamén nos lembra que España decidiu abandoar á súa sorte aos saharauis aínda cando estes solicitaban desesperados a súa axuda. Un libro que non ten personaxes, senón persoas. Un libro feito desde a solidariedade. Un libro que proclama unha reflexión. Unha crónica humana que nos fala da vida cotiá, dos pensamentos, das reflexións... dos seus protagonistas.
E o noso obxectivo viuse cumprido: aprendemos moito e agora sabemos como e por que comezou todo.

29/12/07

Bolboretas


Os saharauis extraen o mellor de cada sitio, como as bolboretas.
Despois de 28 anos de loita, non perden o seu sorriso.
AS bolboretas van voando de flor en flor en busca do mellor polen. O mesmo fan os saharauis, eles extraen o mellor de cada sitio, de cada situación, de cada cultura. Son xente que te invita a sentar con eles a tomar o té, un té que se pode prolongar até ben avanzada a noite. Para comer sacan o mellor da súa limitada despensa e para durmir ofrécenche o mellor rincón da súa haima e a mellor esteira.
Este valor de acollida, de hospitalidade é posiblemente o mellor polen que extraen do Islam.
Nas longas conversas un percátase do gran sentido do humor que teñen. Son unha xente que todo o dá e que non utiliza palabras como envexa e egoísmo, pero iso non xustifica que se lles queira quitar o que eles máis queren, a súa terra e o seu mar. Foron empurrados cara ao deserto polas tropas marroquís... Incrible comprender como, no medio dun escenario tan hostil e duro, como é o deserto, esta xente non perdeu o sorriso, senón que están máis unidos e máis fortes ante as adversidades.
Moitos homes estiveron longas temporadas na fronte, outros morreron. Tamén sacan algo positivo desta traxedia, xa que a muller desempeñou un papel moi importante para sacar adiante o pobo e topa unha recompensa na escala da igualdade de sexos. Grazas a un sistema político que consiste nunha república democrática na que as mulleres votan. E topamos mulleres profesionais, mulleres que comparten veladas cos homes...
Quizais, o mellor deles é a tenrura, a solidariedade, a unión, a paciencia, a meditación, a amizade...


Recorte de prensa do ano 2004. Publicado no diario La Manyana de Lleida en febreiro do 2004. A sección titúlase: ESCUCHANDO LA VIDA.

28/12/07