O noso club de poesía vai moi paseniño este curso, pero seguro. O libro que nos xuntou desta volta foi Ningún amante sabe conducir de Rosalía Fernández Rial.
Esta lectura foi soprendende para todos os membros do club, que se deixaron abraiar pola mestura de poesía, prosa e teatro. Eros
mestúrase coa velocidade, a condución, a marcha atrás, o desexo, o
sexo... e aí radica a orixinilidade dos poemas, poemas eróticos que se
confunden nos derrapes accidentais da estrada, que envolven a pel entre
olores de derrapes e goma queimada, que saben a animais salvaxes mentres
miramos dende a outra marxe.