O primeiro libro escollido para iniciar o Club de Lectura da Igualdade foi o O diario violeta de Carlota de Gemma Lienas, publicado pola editorial Galaxia. Veunos moi ben como libro introdutorio sobre o tema da igualdade, aínda que xa leramos anteriormente o libro de poesía de LEdicia Costas por mor da súa visita.
O diario violeta de Carlota
achega un montón de situacións cotiás caracterizadas polo vesgo do
machismo, algo que nin vemos polo acostumados que estamos a convivir con
elas. Creo que é un bo xeito de lles abrir os ollos e de dar pé ás
novas lecturas que vaiamos confrontando.
Foi un
libro que me pareceu moi interesante e creo que todo o mundo o debería ler
porque, grazas a el, percátaste de moitas situacións machistas que ocorren ao
teu arredor.
É un
libro que serve para abrir os ollos e observar o mundo con «lentes
violetas» e así, paso a paso, ir poñendo fin a esta sociedade machista
que hai que cambiar.
Este
libro a min, polo menos, fíxome abrir os ollos e decatarme que ao saír á rúa
podemos ver situacións machistas, e que antes de ler este libro non sabía que
se poderían considerar machistas. Tamén creo que se deberían cambiar os
estereotipos de que para ser guapa hai que estar delgadas, e, se vos dades
conta este estereotipo vémolo dende pequenos, dende que comezamos a xogar coas
«barbies« ou coas bonecas. Porque... vós vistes algunhas
bonecas gordas, exceptuando os bebés ???
(Cristina Costela)
Francisco di:
Francisco di:
Paréceme unha novela en vixencia
sobre temas feministas.
Carlota é unha rapaza coma nós que dase de
conta de que en feitos cotiáns vemos como son tratadas as mulleres na
realidade. Fai que nos demos conta de que nas nosas vidas tamén se dan eses
feitos, como os que aparecen nos xornais, nas lendas, nas diferentes culturas….
etc.
O que pareceume unha boa idea no
Diario foi a regra da inversión, ou poñerse no lugar do outro/-a (empatía). E
de costumes aínda machistas, que entre todos/-as temos que erradicar.
Eu non sabía o porqué da cor
violeta na Defensa dos Dereitos das Mulleres, e nunca esquecerei de que foi nos
Estados Unidos nunha Fábrica de Teas violetas nas que as mulleres que
traballaban nela, foron queimadas por defender os seus dereitos. Recomendo a
súa Lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario