27/10/09

Primeira reunión deste curso


Hoxe foi a primeira reunión do club de lectura. Si, este club segue con vida, noutro centro e con outro alumnado, aínda que co mesmo espírito e as mesmas finalidades: Lectura e Dereitos Humanos. Teño que recoñecer que sentía un pouco de medo: non coñezo a maior parte do alumnado, nunca houbo un club de lectura e todo resultaba unha novidade que podía saír de diferente xeito. Pero a reunión foi un éxito, a lectura escollida un acerto e o tema propiciou uunn debate extenso e interesante. E iso que non estabamos tod@s!
O libro que lemos nesta ocasión foi Enderezo descoñecido, de Kressman Taylor editado por Xerais.
Nas fotos podedes ver a Mauro, Andrea, Ainara, Carmen, Jenni, Bea e Tania. Faltábanos Fran.





1 comentario:

Biliomanía dixo...

Renovarse e comezar de novo sempre é estimulante. Nas vosas caras ben se aprecia a satisfacción dos "momentos de balbordo compartidos".
Saúdos lectores.