Gustá
ronme todos os relatos pero o que máis me engaiolou foi o de Agustín Fernández Paz. O feito de que conte a historia dun profesor, e a situación que se vivía antes, durante e despois da guerra é algo que me apaixoa. Isto é porque considero que estes sucesos, a guerra civil española, é algo que tod@s debemos coñecer, pois iso non debe repetirse nunca. Non podemos permitir que nos goberne alguén que só pretende o ben propio e só respecta a aquele que teñen as súas mesmas ideas.
A palabra xustiza existe para algo, non está simplemente para oíla, lela ou escribila, senón para que esta se practique.
Outro dos relatos que me gustou moito foi o de Antonio Reigosa, pola orixinalidade con que está escrito. Amósanos como a vida dalgunhas persoas é tan fácil e doutras non o é. O branco cruza o mar por mor de sona ou cartos, por un récord, o negro faino por supervivencia xa que o seu país non lle ofrece recursos para sobrevivir.
Recomendo este libro pois ten historias moi bonitas e que merecen ser lidas, pois como ben di o poema de José Agustín Goytisolo
Ninguén está só. Agora
neste mesmo instante
tamén a ti e a min
nos teñen atados das mans.
Porque mentres nós nos lembremos do que pasa no mundo e do que moita xente está a vivir, non será un simple recordo senón persoas que loitan polas súas vidas.
ronme todos os relatos pero o que máis me engaiolou foi o de Agustín Fernández Paz. O feito de que conte a historia dun profesor, e a situación que se vivía antes, durante e despois da guerra é algo que me apaixoa. Isto é porque considero que estes sucesos, a guerra civil española, é algo que tod@s debemos coñecer, pois iso non debe repetirse nunca. Non podemos permitir que nos goberne alguén que só pretende o ben propio e só respecta a aquele que teñen as súas mesmas ideas.A palabra xustiza existe para algo, non está simplemente para oíla, lela ou escribila, senón para que esta se practique.