21/06/08

Fin de etapa

Remata o curso e remata o noso club de lectura. Un club de lectura moi particular, posto que pretendiamos nos achegar a un mundo totalmente descoñecido para case tod@s nós: o Sáhara. Agora sabemos moitos máis da forza dun pobo que loita pola esperanza de volver ás súas casas, ás súas terras, que vive na miseria máis absoluta pero con honor. Para min, a profe, foi unha experiencia marabillosa: nunca antes estivera nun club de lectura e foron moitas as cousas que aprendín. Sei que houbo moitos fallos que tentaremos solucionar no futuro se temos oportunidade. E tamén aprendín que o noso alumnado amósase receptivo ante as inxustizas humanas e que debemos ensinarlles a loitar para que estas deixen de sucederse.
Recollo aquí o comentario que deixou unha das compoñentes do club por parecerme máis ca significativo e porque llo quero agradecer: preguntarédesvos se todos e todas están de acordo coas súas palabras; agardaremos polos vosos comentarios para ter a resposta.


É unha pena non ter máis tempo para facer máis xuntanzas e ler e comentar xuntos máis libros como os que limos ata agora. Desde logo todos os que formamos parte de este clube de lectura aprendemos moitísimas cousas novas, podemos estar ben orgullosos de que nos dirixiras tan ben, eu ata me sorprendo coa cantidade de cousas que antes non sabiamos... e que grazas a esta iniciativa fomos aprendendo (e isto non é peloteo..)

Moitas grazas por poñer tanto empeño nisto e por achegarnos tantas cousiñas novas, e por suposto, por traer a Gonzalo, a Fran, a Paula... a todos os que compartiron connosco ese cachiño de sabedoría e experiencia.

P.S. Espero que isto continuúe o próximo ano, eu desde logo apúntome!

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Vas conseguir que me emocione..

Dorón Benatar dixo...

Disculpa que utilice este medio pero no he encontrado e-mail en el blog y después de año y medio de arduo trabajo he logrado publicar mi libro Doron Benatar y el libro de los nombres muertos, editorial El Tercer Nombre y que por fortuna fue presentado el pasado 9 de junio en el propio Círculo de Bellas Artes siendo apadrinado por los periodistas y escritores Juan Cruz y Clara Sánchez y presentado por el alcalde de Madrid Alberto Ruiz-Galladón. No ha cumplido un mes y ya está en marcha la segunda edición porque sorpresivamente se está vendiendo de boca a oído y está siendo enfáticamente recomendado por quienes lo leen. No es casual que la presentación del libro tuviera lugar en el Círculo de Bellas Artes ya que allí precisamente, en una mesa del café, es donde Dorón Benatar, detective privado -existencial- tiene instalado su "oficina" con la complicidad de un camarero con igual vocación detectivesca.

Dorón Benatar es un tipo curioso, se convirtió en detective privado titulado siendo doctor en filosofía pero cansado de hacer suplencias en colegios ricos con alumnos solo preocupados por su pelo, su ropa y su móvil. Sus casos son intrascendentes hasta que se ve metido en la recuperación de un ejemplar único de la versión toledana del Necronomicón del siglo XVII robado a la familia Toledano. Inmerso en la investigación del robo, se verá envuelto en una espiral de intereses de sectas, sociedades secretas y bandas callejeras dispuestas a todo por obtener la posesión del libro. Pero no solamente la trama de la historia es atrayente, el personaje es si mismo y el entorno en el que se recrea la acción también forman parte del atractivo del libro porque en el describe Madrid y ¡De qué forma!
Además, como judío madrileño que es, de madre askenazí y padre sefardí, salpica la acción con el discurrir cotidiano de una familia judía madrileña de nuestro tiempo y deja pequeños posos de la tradición cultural hebrea en forma de deliciosos relatos. Si está en tu mano ayudarme publicando una breve reseña en tu blog te lo agradeceré eternamente. Si quieres acompañarlo con la portada, la puedes capturar de la web. Saludos Aída Berliavsky
http://doronbenatar.blogspot.com/
http://www.doronbenatar.com/

Anónimo dixo...

Gustoume moito que volvera a xunto nosa, pois é unha persoa incríble. O que parecía que só iba ser unha merenda trnçansformouse nun reunión no que se compartiron moitas opinións dos distintos libros que lemos ao largo da nosa vida e os que poderemos ler nun futuro.


**Thalía**