O club de
lectura para min significou máis ca un club de lectura.
Non era o típico
onde ti chegabas despois de haber lido un libro, e simplemente falar dese
libro.
Este club de
lectura foi un lugar onde podiamos comentar opinión moi persoais,
tanto nosas como do libro, sen que nunca nos xulgaran. Alí podíaste expresar
libremente, e compartilo co resto dos integrantes do club.
Dicir que estes
dous anos no club de lectura me encantaron, quédaselle corto.
Os libros
gustáronme moito, non pola historia, xa que sempre era triste. Se non porque
che fan abrir os ollos, e darte de conta de cousas que tiñas diante das túas
narices que as ignorabas completamente.
Tamén hai que
dicir que este club non sería o mesmo sen a profesora que a organizaba todo.
Non sei como sería con outra, pero tal e como foi con ela, dubido moito que haxa
outro.
¡Moitas grazas,
Gracia, por estes dous anos dedicándonos un tempo tan valioso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario