23/12/10

Arredor de "Tristes Armas"


A reunión do mes de decembro foi moi especial, xa que xuntamos os dous clubs de lectura, comemos na biblioteca a comida de nadal e falamos de Tristes Armas. Un libro que nos levou a falar da Guerra Civil, da separación dos pais, da fraternidade, de sentimentos... Tivo moito éxito entre o alumnado, que unha vez máis opinou que remataba "mal".
Carolina Gulías opina que o libro é moi triste pola temática en si, pola separación das nenas e dos pais.
Guadalupe Barreiro di que o libro non lle gustou tanto coma outros porque prefería que o final fose mellor.
Carolina Gulías está de acordo con Guadalupe.

26/11/10

Arredor de "A piragua"


O martes 23 xuntámonos co club de lectura de 2º ciclo para falarmos de "A piragua", obra de teatro de Cándido Pazó editada por Laiovento.
O libro seica lles encantou, algo que intuiamos porque é, realmente, unha pequena obra mestra. Mágoa non ter a obra de teatro gravada para pórlles o vídeo. Eu, que tiven a sorte de vela representada en Ribadavia o verán pasado, fiquei namorada da obra.
E é que non podiamos ter mellor elección para este mes, e máis para estas datas, que esta obra que aborda o tema da violencia de xénero dun xeito tan descarnado e brutal. Con saltos no tempo e cun atmosfera diferente, semella que en lugar de estarmos lendo unha obra de teatro estivésemos lendo unha novela ben artellada onde cada frase é insustituíble.


25/11/10

A piragua


Comentario de Sarai López:

É un libro moi fácil de ler por ser unha obra de teatro. Gustoume moito porque conta a historia con certo sentido do humor e ao mesmo tempo trata un tema moi importante na nosa sociedade, como é a violencia machista ou a violencia contra a muller.
Tamén me gustou porque mete un teatro dentro doutro, é dicir, hai tres persoas que son actores e actrices, ou cando menos desexan selo; mestura dous tempos diferentes e ten espazo para unha historia de amor.
Un libro moi completo.


Comentario de Carmen Campos:

Pareceume un libro que expresaba moi ben o que é a violencia de xénero, e ademais explícao dun xeito amento. É un libro moi sinxelo de ler e recoméndollo a todo o mundo.


19/11/10

A casiña azul

Nerea García Vázquez opina deste libro:

Este libro gustoume porque dalgún modo fala de casos reais. O maltrato e a violencia de xénero son dous dos problemas máis frecuentes na sociedade española que se poderían evitar.
Eu como muller non entendo a reacción por parte dos homes pero tampouco entendo por que a muller non reacciona.
Quizais se as leis foran máis estritas e duras, o número de mulleres asasinadas, 62 no que levamos de ano 2010, reduciría considerablemente.
Tamén estaría ben que unha muller maltratada escribise un libro para demostrar o inferno no que viven.

Guadalupe Barreiro di:

Gustoume o libro porque reflicte a vida dunha nena e os continuos malos tratos do pai, e ao mesmo tempo gustoume a parte de misterio da casa que cambia de cor polas noites.
O que me pareceu moi ben foi que lle quitaran a custodia da rapaza ao pai, xa que non a merecía.

Carolina Gulías afirma:

Pareceume ben que lle quitasen a custodia da nena ao pai. Non merece o cariño da filla.

18/11/10

Arredor de "A casiña azul"


O martes día 16 deste mes xuntámonos por primeira vez co club de lectura de 1º ciclo para falarmos arredor de "A casiña azul", escrito por Sandra Comino e publicado pola editorial Galaxia. O libro xira arredor da violencia exercida sobre unha nena por parte do seu pai, o medo, a mentira, a vergoña. De todo isto falamos este día onde as nenas de 2º de ESO por primeira vez se xuntaban arredor dun libro para esmiuzalo e tirar as aportacións que cadaquén tiña dentro de si.
O libro foi escollido este mes por precisamente tratar o tema da violencia de xénero.
Seica lles gustou moito, un acerto de primeiras sempre é propicio!

03/11/10

Comezamos

Unha nova andaina para este noso club de lectura que semella "itinerante" estes últimos anos. Con novas lecturas, con novo alumnado, con novas enerxías, botamos a andar este curso en Forcarei con 3 clubs diferentes: un de primeiro ciclo da ESO e un de segundo ciclo; ademais, tentaremos levar un de lectura en voz alta para alumnado específico e onde explotaremos, sobre todo, o álbum ilustrado.
Xa que o mes de novembro é o mes sinalado como "Contra a violencia contra a muller", os libros iniciais xiran arredor deste tema:
"A casiña azul"
"A piragua"

18/06/10

Con María Reimóndez

A última reunión do club foi tan especial que marchamos de excursión a Vigo. Nun día totalmente esgotador e caloroso, coñeciomos a María Reimóndez, de que leramos O Club da calceta, e con ela falamos, cansos, de mulleres e homes, de machismo, de diferenzas sociais, de ONGs, da vida...
Sabiamos que María estaba facéndonos un grande favor por nos atender, posto que xa cansara de falar deste libro, polo que lle estamos dobremente agradecidas.
E tamén, como non, agradecidas a Beni por nos prestar a súa biblio e por agasallarnos coa súa presenza. Quizais noutra ocasión poidamos xuntar ambos clubs de lectura.

15/05/10

Ronseis de lectura V

Falar de Circe e falar de feminismo, de muller.

- Agustín Fernández Paz: As flores radiactivas. / . Rapazas. Xerais
- Fina Casalderrey: A lagoa das nenas mudas. Xerais
- María Reimóndez: Usha. Xerais
- Mª Xosé Queizán; O segredo da pedra figueira. Xerais
-
Marilar Aleixandre: A expedición do Pacífico. Xerais
-
Xosé A. Neira Cruz: Valdemuller. SM
- Fran Alonso: Cartas de amor. Xerais
- Xavier López: Destrucción. Xerais
- Begoña Paz: A ferida. Xerais
- Amelie Nothomb: Un nome de diccionario. Galaxia
- Lupe Gómez: Fisteus era un mundo. A Nosa Terra
- Medos Romero: O pozo da ferida. Deputación da Coruña
- Asne Seierstad: El librero de Kabul. Maeva
- Teresa Moure: As palabras das fillas de Eva. Galaxia
- Lisa See: El abanico de seda. Salamandra
- Pearl S. Buck: Viento del este, viento del oeste. Plaza & Janés
- Dulce Chacón: La voz dormida. Santillana
- Laura Restrepo: Delirio. Punto de lectura

14/05/10

Con Begoña Caamaño

Foi unha mágoa non dispor de máis tempo para falar con Begoña. Ao coñecela causounos unha gratísima impresión e logo, na conversa, resultou unha muller moi interesante e con moitas cousas que contar. Falounos das súas inquedanzas relacionadas coa muller e co feminismo, do seu gusto polos clásicos e a súa indagación na parte máis humana que se agocha tras os mitos e que nolos achega ata o punto de poder identificarnos con eles...
Quedaron no tinteiro as súas experiencias en África (especialmente a súa colaboración coas mulleres de Mozambique), o seu traballo na radio relacionado coa nosa cultura e tantas outras cousas que non tivese gustado comentar con ela.
Agardamos contar con ela noutra ocasión para seguir falando de todo un pouco, por exemplo, desa nova novela que, segundo nos dixo, xa ten entre mans e que estamos desexando ler.





13/05/10

"Un(ha) artista nunca é pobre"

O noso querido Agustín segue a mandarnos información sobre o que lle pedimos: a súa música, o seu cine... Arestora dinos:

Velaquí a secuencia magnífica e inesquecible de El festín de Babette, aquela en que Stéphane Audran, despois de gastar ata o derradeiro franco na cea memorable que lles deu aos velliños da aldea danesa, pronuncia a frase que lle dá sentido a toda a película: "Unha artista nunca é pobre". Marabillosa!





Moitas grazas Agustín. Grazas por lembrarte de nós; que saibas que sempre te levaremos no noso corazón lector.


05/05/10

Con Agustín Fernández Paz

Que gran invento a videoconferencia! É certo que, en ocasións, a comunicación pode resultar algo fría, pero non é o caso cando o interlocutor é Agustín Fernández Paz. A súa cercana amabilidade, a súa sinxeleza e a humanidade que trascende fixeron sentilo moi próximo, coma se estivese entre nós. Con Agustín, definitivament, non hai Valados.
Agustín falounos do seu proceso literario (amosounos a súa libreta de "primeiro borrador"), de cantas correccións ten que facer un escritor, de cales son os seus autores preferidos (Paul Auster en primeira liña), de cine, de música...
Cando unha alumna lle preguntou: "se existise a reencarnación, volverías a ser escritor?", el respondeu que estaría ben ter nacido en Liverpool nos anos 60 e tocar a batería nun destes grupos:







Afirmou que para ser bo escritor cómpre primeiro ser un bo lector e ver moito cine, algo que el fai cada día. Entre as súas películas, destacou "París-Texas", aínda que nos vai mandar un listado de recomendacións para as rapazas e os rapaces do club. Unha mostra clara do seu sentido do humor foi cando nos comentou que lle encantara o anuncio da camiseta que veu no noso blogue o día anterior.
Voou o tempo entre as súas mans, malia a distancia demostrou que a calidez humana é inherente ao individuo estea onde estea, e deixounos a todos e a todas completamente "colgados" del.
Moitas grazas, Agustín, por todo!


26/03/10

Ronseis de lectura IV

E falando de Guerra Civil...

Álvarez, Blanca: El maleficio de la espina. Destino
Cercas, Javier: Soldados de Salamina. Tusquets
Corral, Pedro: La ciudad de arena . El Aleph
Ennis, G. : War story, condors. Norma
Gimènez, Carlos: Malos tiempos 36-39. Glénat
Grandes, Almudena: Corazón helado. Tusquets
Isaac, Rosa: ¡Otra maldita novela sobre la guerra civil! . Seix Barral
Llamazares, Julio : Luna de lobos. Seix Barral
López Silva, Inma : Neve en abril. Galaxia
Martínez de Pisón, I. : Enterrad a los muertos. Seix Barral
Martínez de Pisón, I.: Dientes de leche . Seix Barral
Quinto, M.: Duke . Edebé
Rivas, Manuel : A lingua das bolboretas. Galaxia
Rivas, Manuel : O lapis do carpinteiro. Xerais
Roca, Paco: El Faro. Astiberri
Sierra i Fabra, J. : Los fuegos de la memoria. Algar
Graham, Helen : Breve historia de la guerra civil. Espasa
Alfaya, Javier: El año del milagro. Bruño
Alonso, Manuel Luis : Tiempo de nubes negras . Anaya
Alvarez, Blanca : Memoria del infierno . Edebé
Álvarez, Blanca: Palabras de Pan . Edelvives
Àlvarez, Blanca : Las fuentes del destino. Edelvives
Atxaga, Bernardo : Memorias de una vaca . SM
Bernard, Heliane : Guernica. Kalandraka
Cameselle, Roque: O Pausiñas . Galaxia
Cañizo, J. Antonio : ¡Canalla, traidor, morirás!. SM
Cebrián, Eloy : Bajo la fría luz de octubre . Alfaguara
Cela, Jaume : Silencio no corazón. Galaxia
Chamorro, Margot : Tempo rachado . Xerais
Dalmases, Antoni : Yo, el desconocido. SM
Díez, Luis Mateo: Lunas del Caribe . Anaya
Farias, Juan : Crónicas de Media Tarde . Gaviota
Fernández Paz, Agustín: Noite de voraces sombras . Xerais
Fernández Paz, Agustín : Corredores de sombra. Xerais
Fillol, Luce : Mañá fará bo día . Galaxia
García Teijeiro, A. : A teima de Xan. Sotelo Blanco
Gómez Cerdá, Alfredo: Noche de alacranes. SM
Gónzalez Álvarez,X.R. : A encrucillada na torre . Galaxia
Hernández Chambers, Daniel : La ciudad gris. SM
López, Siro : Sorrir en Frades . Casals
Lorenzo, Xabier : A serra máxica. Memorias de Nadal…. Ed. do Castro
Marías, Fernando : La batalla de Matxitxaco . Anaya
Marías, Fernando: Cielo abajo . Anaya
Marías, Fernando : Zara y el librero de Bagdag. SM
Mayoral, Marina : Tristes armas. Xerais
Meabe Plaza, M.: Un año en el faro . Lóguez
Muñoz Puelles, V. : La perrona. Anaya
Neira Vilas, Xosé : Memorias dun neno labrego . Ed. do Castro
Neira Vilas, Xosé: Cartas a Lelo . Ed. do Castro
Neira Vilas, Xosé: Aqueles anos de Moncho. Xerais
Oca Martínez, X.M. : Todo o peso do ceo . Edelvives
Pascual, Emilio : El fantasma anidó bajo el alero . Anaya
Perozo, X. A. : Caderno de Riparia . Xerais
Rayó, Miguel: El camino del faro. Edebé
Ventoso Marió, X.A. : A pesca está no vento : historia de Nico. Ir Indo

Xabier Quiroga: O Cabo do Mundo. Xerais.
Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin. Galaxia

25/03/10

Con Rosa Aneiros

Este martes reunímonos con Rosa Aneiros para falar do último libro lido no noso club: Sol de Inverno. Como xa falei marabillada deste encontro, preferín deixar que fosen outras as palabras que deixen testemuña. Grazas, Carmen. Déixovos con ela:

É un privilexio que un autor nos faga partícipes do seu proceso de creación literaria. Grazas, Rosa Aneiros, por compartilo connosco dun xeito tan próximo, xeneroso e ameno.
Transmitíchesnos a túa paixón por escribir e por afondar nas miserias e grandezas da alma humana.
Un pracer lerte e, outro máis, escoitarte.

16/03/10

Un galego contra o Holocausto

Como unha das nosas integrantes está máis ca interesada no tema nazi (cantos libros leva lidos sobre isto?) o que vou topando na rede cólgollo no blogue, para o seu disfrute. Hoxe topei isto en Interneteando:

'La clave Embassy', de Patricia Martínez de Vicente. La Esfera de los Libros, 2010. 24 euros. 416 páginas

En 1986, mientras preparaba la mudanza del hogar familiar en Chamberí, Patricia Martínez de Vicente encontró un enigmático diario cuya portada sólo mostraba una fecha: 1942. En el interior pudo leer unas notas escritas en inglés por su difunto padre, y cuyo críptico contenido despertó sus sospechas, azuzadas por las vagas explicaciones maternas. Dos décadas después, Martínez de Vicente resuelve el misterio con 'La clave Embassy', el relato de una historia tan asombrosa como conmovedora.

Lalo Martínez era un gallego (en el sentido étnico de la palabra) sin filiación política en una época donde la imparcialidad se antojaba sospechosa. Educado a la inglesa, médico de la embajada británica en Madrid desde el final de la Guerra Civil, Lalo era... un señorito. Sin embargo, su frívolo estilo de vida apenas escondía su vocación de héroe.

Tal y como expresa su hija y autora del libro en entrevista con elmundo.es, "Lalo fue el iniciador de las rutas de evacuación clandestinas constituidas por el Servicio Secreto británico, el MI6. Antes de que estuviesen debidamente organizadas, él abrió esas vías de escape para los perseguidos por el nazismo".

La aventura arranca en Embassy, salón de té 'pera' en el Madrid de posguerra y que aún pervive en la intersección de Castellana con Ayala. Margarita Taylor, fundadora del salón, era la anfitriona de las sofisticadas reuniones sociales que camuflaban las conversaciones entre agentes de la Inteligencia británica.

Embassy funcionaba como tapadera. Burlando la vigilancia de la Gestapo y las autoridades franquistas (neutrales sobre el papel, germanófilas en realidad), Taylor alojaba a los refugiados que Lalo y sus compañeros evacuaban más tarde hacia el extranjero. El médico vigués también acogía a esos fugitivos del Tercer Reich en su piso de Madrid, e incluso en su residencia gallega en La Portela, desde donde facilitaba su escapada a Portugal.

Galicia era además la penúltima fase de una ruta de escape ideada por Lalo y que nacía en el campo de concentración de Miranda de Ebro. El régimen franquista retenía allí no solo a prisioneros de la Guerra Civil, sino a cientos de refugiados judíos, en su mayoría checos y polacos. Lalo aprovechó su cargo de médico de la Embajada británica para expedir informes falsos, convenciendo a los carceleros de liberar a los rehenes para evitar contagios.

El asedio de la Gestapo obligó a Lalo a emigrar a Londres en 1942, recién casado con Moncha. Con la ayuda de su esposa, Lalo continuó su labor humanitaria hasta el final de la guerra, cuando el matrimonio regresó a España.

Él jamás volvió a hablar de sus hazañas, y ella solía regatear las preguntas con evasivas. Patricia ha reconstruido su relato a partir de esos testimonios fragmentados, de sus propios recuerdos y de los documentos secretos que la Inteligencia británica desclasificó en 2005, poco después de la muerte de Moncha

Años de intriga e investigación han desembocado en una novela fascinante, donde la emoción y el peligro barnizan cada párrafo. Patricia Martínez de Vicente ha tardado 20 años en desvelar el secreto de sus padres, pero por fin ha encontrado respuestas. "¿Que por qué lo hicieron?" Guarda unos segundos de silencio, no tanto para reflexionar como para llenar de orgullosa luz su mirada. Y por fin, con una sonrisa cómplice, sentencia: "Por amor a la vida".

Así pois, Ainara, un novo título para a túa ampla colección.

27/01/10

Despedida de Andrea no club de lectura

Unha gran mágoa: unha das nosas integrantes marcha para México. Botarémola de menos. Todo o club se desviviu hoxe por lle facer unha festa de despedida antes de nos sentar a falar da nosa última lectura e de moitos outros libros que xorden en cada reunión.


Tamén lle pedimos un discurso de despedida, algo que a min, particularmente, encheume de emoción. Hai tan só catros meses que nos coñecemos, que formamos o club, e as súas palabras foron especiais: un dos mellores recordos que levo comigo é este club; aquí fixen amigos novos, aquí compartín paixóns. Pídovos que o curso próximo, aínda que non estea Gracia convosco, sigades tendo este club, non deixedes que esmoreza. Porque é moito máis importante do que nun principio parece, e porque a xente que non pertence a el non ten nin idea do que está a perder.

Ata sempre, Andrea.

A miña planta de laranxa lima

Cheo de lembranzas, un libro marabilloso para todas as idades que hai que ler nalgún momento da vida: A miña planta de laranxa lima de José Mauro de Vasconcelos, publicado pola editorial Primerapersona. Iso si, cun pano ao voso carón, non coñezo a case ninguén que sexa capaz de reprimir as bágoas.
Cando llo levei por primeira vez ao Departamento, leuno a miña querida Teresa. Cando mo volveu, prohibiumo ler. Sempre desexa evitar que eu sufra! E daquela obedecín, claro. Pero como non lelo? Si, efectivamente, o libro é dunha tristura inconmensurábel. Pero, tan sumamente tenro...
Foi o último libro proposto no club de lectura. Pero, curiosamente, acabouno lendo medio instituto. Sobre todo, gran parte do profesorado. Un boca a boca que funcionou sen case a miña intervención. Do Departamento de Galego ao de Español, deste ao de Inglés, de aquí ao de Historia, Música... Todo un éxito!
Seguramente a maior parte de vós xa o coñecedes. Se non o lestes aínda, non tardedes moito, é unha auténtica fermosura. Dá igual os anos que teñas, podes lelo con dez ou con oitenta: vaiche gustar. O contario é impensábel. Ou imposíbel.


Jose Mauro de Vasconcelos - Mi planta de naranja lima