10/12/11

La abuela necesita besitos

Dámoslle unha volta ao tema do Alzhéimer coa axuda deste álbum: "La abuela necesita besitos" publicado pola editorial Proteus:




Susana Lamas:

Este libro encantoume porque trata un tema ao que eu estiven moi ligada e porque conta peripecias que eu vivín. Sei do que fala en todo momento.

Daniel Álvarez:

O libro gustoume porque é bonito ver como os nenos coidan a súa avoa, xa que ela ten Alzhéimer. Porque hai que tentar que toda persoa que teña esa enfermidade se sinta máis a gusto, coidándoa e tendo paciencia cos seus esquecementos.

Katia Gaiteiro:
Gsutoume moitísimo porque é realista e fainos darnos conta de que debemos coidar ás persoas maiores que é cando elas máis necesitan de nós, da nosa axuda e do noso cariño.

Andrea Garrido:

Este álbum gustoume moitísimo porque ensínanos que hai que coidar aos avós e aos anciáns, porque xa traballaron abondo e agora necesitan descansar e sobre todo o que máis lles cómpre é cariño.

Estefanía López Antelo:

Este é un deses libros que creo que todo o mundo debería ler e tomar nota, tanto adultos coma nenos, xa que este libro reflicte a necesidade dos nosos maiores de cariño e de axuda, xa que co paso dos anos á vez de gañar engurras e experiencias tamén se gañan enfermidades tales como o


Susana Lamas:

Este libro encantoume porque trata un tema moi actual. Tamén me gusta porque trata dos sentimentos dunha nena refuxiada e eu non os coñecía.

Daniel Álvarez:

O libro gustoume porque é bonito ver como os nenos coidan a súa avoa, xa que ela ten

Katia Gaiteiro:

Gustoume porque hoxe en día iso pasa moitas veces e é moi duro ter que marchar do teu país e abandonar a túa casa e todas as túas cousas e non saber se vas volver algún día.

Andrea Garrido:

Non é un libro do meu gusto aínda que trata un tema real e actual no mundo árabe. Fálanos da inxustiza que supón marchar da propia casa e non poder facer unha vida normal.

Estefanía López Antelo:

Este é un deses libros que creo que todo o mundo debería ler e tomar nota, tanto adultos coma nenos, xa que este libro reflicte a necesidade dos nosos maiores de cariño e de axuda, xa que co paso dos anos, á vez de gañar engurras e experiencias tamén se gañan enfermidades tales como o Alzhéimer ou a Demencia Senil que provocan a incapacidade e requiren coidados constantes por parte de fillos ou outros familiares.

07/12/11

Sainetes



A primeira incursión teatral foi a de ler varios sainetes de José Cedena. Este autor ten os seus libros 5 Sainetes en buca de carcajadas e + Sainetes = Risa na editorial Éride.

Hoxe imos comentar dous sainetes: "O.G. T." e "El oculista de la vista".

David Pérez Matanzas:

"O.G. T." gustoume moito polos seus personaxes e porque é moi divertida, comezando polo propio título e os nomes de personaxes.
"El oculista de la vista": estivo moi ben porque mostra as confusións que poden chegar a existir por mor dunha persoa que fala e confunda todo, incluídos os que están ao seu carón.


Andrea Mijares:

"O.G. T.": Esta obra gustoume moito, é moi divertida porque os personaxes teñen nomes absurdos pero fan e din cousas moi simpáticas.
"El oculista de la vista": Non lle topei a graza a esta obra, penso que é batante absurda.

Jonathan Rubia:

A min gustoume máis "O.G. T." porque é máis divertida, pero as dúas estiveron moi ben. Se lésemos máis obras deste tipo eu sería moito máis lector.

Lino Peleteiro:

"O.G. T.": Esta obra gustoume moito porque dá moita risa e xogan cos nomes da xente.
"El oculista de la vista": Gustoume moito, é un estilo divertido do que se poden tirar moitas conclusións sobre as faladurías e os malos rollos.

Javier Rodríguez:

"O.G. T.": Encantoume o argumento e a orixinalidade da historia, así como o divertimento que supón a súa lectura. Non creo que sexa difícil de representar.
"El oculista de la vista": É unha historia moi boa e dá para cavilar moito para ver como se pode entender mal o que aparentemente é tan sinxelo.

David Macía:

"O.G. T.": Gustoume moito esta obra porque é moi divertida e fai moita graza. Os personaxes teñen nomes moi graciosos e o propio título xa o deixa adiviñar.
"El oculista de la vista": Tamén é moi graciosa, encántanme este tipo de obras, que ademais de seren moi graciosas permiten tirar algunhas conclusións do que alí se le.

14/11/11

El monstruo


Comezamos a traballar con álbums ilustrados cun grupo de catro alumnas e un alumno de 3º de Diversificación. Os primeiros álbums escollidos son álbums de calidade comprometidos, por traballar temas que nos levan máis alá. De feito, esta lectura levounos a ver "El bola".

Daniel Álvarez:

O libro non me gusta porque os nenos soñan cun monstro e lles berra e os maltrata, e supostamente é seu pai. E non me gusta porque isto ocorre na realidade máis do que pensamos e deberiamos facer algo para que o maltrato non exista.

Estefanía López Antelo:

Este libro paréceme pouco realista, xa que ver un monstro... pero á vez moi interesante porque os nenos refírenes ao pai cunha metáfora, é dicir, cando se refiren ao monstro en realidade refírense ao pai. O maltrato é máis común do que parece.

Katia Gaiteiro Pichel:

Creo que conta unha historia moi real porque en moitas familias os nenos ou as mulleres son maltratados polo seu pai ou polo seu home e non o denuncian porque teñen medo, e cando os nenos o intentan dicir, a algúns non lles fan caso porque pensan que todo é produto da súa imaxinación. Hoxe en día non se debe ter medo a denuncialo porque hai moita xente que pode axudar e non agardar a que ocorra unha desgraza.

Andrea Garrido:

O libro non me gusta porque trata unha historia moi triste aínda que aporta unha verdade, que hai moitos nenos maltratados polos pais ou outros familiares.

01/11/11

Cambio de rumbo

Este curso o noso club de lectura cambia por mor das circunstancias e como adaptación ao medio en que nos desenvolvemos: imos facer dous grupos, dous clubs, ambos para atender alumnado con dificultades, un grupo con quen comentaremos álbums ilustrados, e outro con que leremos obras de teatro, abrindo a posibilidade a unha representación final; este grupo xorde pola necesidade da lectura e como integración de persoas que veñen de fóra.
A ver que sae.

15/05/11

Mexillóns para cear


As opinións:


Carolina Gulías:

Non me gustou porque é moi extenso, complicado de ler e aburrido; prefiro outros tipos de libros ou de álbums ilustrados.


Guadalupe Barreiro:

Non me gustou tanto como os outros, porque faise un pouco longo con toda a historia do pai cando non volve e os problemas cos irmáns.

12/04/11

El príncipe de los enredos

As opinións das lectoras:


Carolina Gulías:

Gustoume moito porque trata do egoísmo dun corvo que se extrapola á nosa sociedade: a malediciencia que tanto dano pode provocar.
Foi un dos meus álbums preferidos.


Guadalupe Barreiro:

Foi un dos libros que máis me gustou porque trata de ensinar que sempre hai alguén que se está metendo no medio co fin de empeorar as cousas. O exemplo do corvo é moi bo porque pola súa culpa fixo secar a árbore

22/03/11

Nós tamén plantamos árbores

O mes de marzo adicámolo aos Dereitos da Natureza, polo que o libro escollido foi O home que plantaba árbores de Jean Giono.

Guadalupe Barreiro, sobre o libro:

Trata dun home que vai polo deserto e no medio deste encontra unha casa: é a casa dun home que vive só co seu gando. O home ofrécelle auga e refuxio ao viaxeiro e queda alí durante un tempo. Cando o viaxeiro se dá conta de que o home está a plantar landras no deserto, faille moitas preguntas. Ao longo de moitos anos, o home seguiu plantando árbores ata que, xa moi maior, ve o seu froito: un terreo cheo de árbores no deserto. Agora estas árbores están protexidas, aínda que ninguén sabe quen as plantou.
O libro gustoume moito porque vese reflectida a esperanza do home e o cariño co que fai as cousas.

A Carolina Gulías tamén lle gustou o libro polo de cariño á natureza que este transmite.

28/02/11

Con "A caixa de cartón"


En febreiro falamos de inmigración. E o álbum que nos serviu para debater sobre este tema foi A caixa de cartón.

Isto é o que opina Nerea García Vázquez sobre este libro:

É un libro triste que está baseado na realidade: a xente que todo o temos rímonos dos que pouco teñen. Neste caso, unha xente que sobreviviu a unha tempestade no mar, con caixas de cartón como casas, dannos unha lección de vida. Como gardar os recordos nunha caixa de cartón.

Guadalupe Barreiro di que este foi un dos libros que máis lle gustou, xa que relata unha historia de tristura pero aínda así cabe a esperanza e a ledicia.

Carolina Gulías volve a redundar na tristura do relato.

25/01/11

Analizando o nazismo


No mes de xaneiro comezamos a quenda dos álbums ilustrados.
O primeiro libro escollido foi Fume para falar da Segunda Guerra Mundial, xunto con "A historia de Erika".


Nerea García Vázquez opina de "Fume":

Esta historia tamén é triste e real. Baséase na Segunda Guerra Mundial, na que secuestraron a moitas familias xudías e xitanas e as meteron en campos de concentración. Neste horrible lugar fanse dous nenos amigos, que acabarán morrendo, tal como sucede na realidade, na cámara de gas.

Guadalupe Barreiro cre que o libro reflicte moi bena dor das guerras e das separacións familiares.

Carolina Gulías cre que o libro serve para achegar máis o coñecemento da Segunda Guerra Mundial e como o pasaban as familias.

Respecto á "A historia de Erika", Guadalupe di que o principio é triste pero que lle gustou porque Erika conta orgullosa a proeza dos seus pais por salvala, por iso cre que no ceo as estrelas son a imaxe da valentía dos seus pais. Porén, a Carolina, o libro non lle gustou.