15/05/08

Dime si yo te querré

Este é o título do libro que nos levou a xuntar o noso club de lectura a principios do mes de maio. Un libro diferente, porque por primeira vez non era o Sáhara o protagonista, senón que era o trasfondo da historia. Unha historia de amor no tempo. Pero tamén este libro axudounos a saber algo máis, pois a protagonista debe volver a aqueles primeiros tempos de intento de independencia do Sáhara dos españois para saber algo máis da súa propia historia persoal.
Debemos dicir que esta reunión non foi tan numerosa, aínda que os membros do club aseguran que a súa lectura resultou amena.

09/05/08

Fotografía solidaria

I CONCURSO BIR LEHLU DE FOTOGRAFÍA SOLIDARIA CO POBO SAHARAUI


Unha convocatoria solidaria que foi todo un éxito, con 115 inscricións e case 350 fotografías.
Podedes ver aquí as fotos



Vía As Mariñas

06/05/08

Todos co Sáhara

A situación empeora: o proceso de paz está bloqueado e iso afecta especialmente aos máis débiles. Mulleres, nenos e anciáns. Hai 200.000 persoas que foron españolas abandonadas no deserto desde hai 33 anos.

Frente Polisario del Sahara

É urxente que a cidadanía axude a devolver a liberdade ao pobo saharaui. Por iso, pídese ao goberno de España que recoñeza o status diplomático da Fronte Polisaria.

E para isto ponse en marcha a recollida de sinaturas: para conseguir que isto sexa posíbel entre todos.