O club de lectura foi unha nova experiencia para min xa que nunca antes estivera nun. Ao principio custoume apuntarme porque non me gustaba moito ler pero apetecíame aprender cousas novas e quizais ao final me acabase gustando, tal como ocorreu.
Os libros que tivemos que ler ían de violencia machista e de igualdade da muller, algo do que se fala pouco nas aulas e fóra, pero neste club de lectura percateime de moitas cousas, cousas que vía diariamente e non me daba conta de que algunhas situacións son machistas. Este club de lectura fixo que vise o mundo doutro xeito.
Aínda que non todos os libros me gustaron, a maioría estaban ben e aprendías moito; o feito de falarmos do libro facía que aprendésemos máis cousas xa que os teus compañeiros se decataban de cousas ás que un mesmo non lle dera importancia.
Eu recomendo esta experiencia xa que se goza moito máis da lectura. E tamén quero agradecerlle á profesora ofrecernos esta oportunidade realmente inesquecible.
E ANDRÉS CANGAS:
E ANDRÉS CANGAS:
Para comezar, quero dicir que foi unha experiencia inigualable, xa que
puiden compartir as miñas opinións sobre os libros con outra xente e
sacar máis conclusións e poder ver outros puntos de vista nos libros.
Gustaríame repetir esta experiencia para o ano. Felicitar á miña profesora por
organizar cousas así. O tema a tratar foi moi interesante porque os libros
trataban sobre violencia de xénero e machismo, algo que hai que erradicar canto
antes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario