s hoxe no Club de Lectura de adult@s a visita de
Se
hai unha biografía dun autor que peche a posibilidade de seguir
investigando esa é esta. Ramón Nicolás non deixa un petisco sen
profundar, sen analizar, sen ofrecernos absolutamente toda a información
posible. E faino de tal xeito que, finalmente, será imposible non amar a
poesía deste poeta que se sitúa no cume máis alto da Historia da nosa
Literatura. Saberemos coa lectura deste libro da infancia de Celso
Emilio en Celanova, da súa participación na guerra, do seu exilio, da
volta a Madrid. Todo iso, máis coñecido, estará rodeado de moitísima
máis información que a maioría dos mortais descoñeciamos; teremos,
agora, unha visión completa da loita que supón unha vida como a de Celso
Emilio.
Pero quizais o que máis
sobresaia da lectura dunha biografía sexa que leamos este libro coma se
fose unha novela, e aí radica precisamente a maxia que lle infire Ramón
Nicolás á escrita: sabe que achegarse a un ensaio sempre é máis difícil
do que o é unha novela e é quen de transformar ambas nunha narración
biográfica áxil e entretida. Asemade, Ramón Nicolás, dende o respecto e o
amor a esta figura, pode maxinar escenas que o papel nos transportará
para vivilas canda Celso Emilio.
Unha
das integrantes do noso club é mai dunha miña alumna de 1º de
Bacharelato. O outro día pregunteille en clase se a súa nai lera o
libro. A resposta, chea de cariño e ledicia da nena foi: "Miña nai está
pesadísima. Di que está namorada de Celso Emilio e que quere ler toda a
súa poesía". Fiquei feliz. Iso significa que a elección foi axeitada e
que o club serve para... moito, moito!!! E para ela vai este pensamento
de Celso Emilio: os poetas son “desenversados” porque os seus versos permanecen para sempre.
“A casa vai ficando baleira. Hai moito rebumbio
nela, todo remexido, todo fóra do seu sitio en ben de tarecos
esparexidos que non se sabe aínda se irán a parar aos baúis ou cumprirá
desfacerse deles de vez..., semella como se levantasen o campamento logo
dunha longa tempada instigando o inimigo, por riba este raro calmizo
que reina nun estraño mes de maio como este.
CEF senta no seu despacho minúsculo da casa, hoxe
máis escuro e tenebroso ca nunca; a mesa xa varrida dos poucos enseres
que sempre tivo arriba dela, os andeis da biblioteca só deixan ver a
poeira que delimitaba a posición dos vellos libros agora metidos en
caixas, pasa un dedo pola madeira mentres prende outro cigarro...”
Ningún comentario:
Publicar un comentario