Publicou Rinoceronte recentemente este boísimo cómic de Marjane Satrapi que constituíu o noso segundo libro de reunión deste curso.
Teño que confesar que non houbo nin un só alumno nin
alumna que non gozase con esta lectura, un libro que nos axudor a falar
de totalitarismos relixiosos e diferenzas que veñen só motivadas por ser
muller. Foi curioso como lles custaba comprender que estivesen lendo
unha obra autobiográfica que resulta ser ao mesmo tempo un importante
testemuño histórico e unha boa documentación sobre mundos, culturas e
relixións que lles son alleas.
O que opina....
Ana Colmeiro Corral:Nada sabía da vida da muller en Irán. Hai un sufrimento que só afecta ás mulleres: o machismo e a violencia de xénero. Mesmo hai mulleres que culpan a outras, sendo elas tan machistas coma os homes.
Supoño que España era así hai décadas.
3 comentarios:
A historia gustoume moito, é moi realista( normal, xa que é unha autobiografía ) e relata con todo detalle as malas situacións que ten que pasar unha muller alí, as inxustizas e a pouca liberdade, por non decir ningunha, que teñen. Xa vira a película, pero aínda así o libro gustoume moito máis, principalmente porque conta todo con moito mais detalle.
Foi o libro mais interesante,realista e tamen triste que vin. É moi realista e informativo porque todo eso de obrigalas a poñer o velo, non poder andar con CD nos non o sabemos porque en Galicia non pasa eso e todo o que conta no libro e todo verdade e debe de ser moi duro estar no sitio de Marjane Satrapi.
A min o libro gustoume moito aunque é bastante triste.
Este libro simplemente encantoume.
As cousas que máis me gustaron foron:
-Que era en cómic, polo cal foime moito máis ameno para ler.
-Que ao ser real(xa que era unha biografía), me interesaba máis.
-Que explica e informa sobre as mulleres en Irán das cales eu non sabía nada como a maioría dos meus compañeiros do club de lectura.
E por estes motivos recomendo a lectora de "Persépole".
Publicar un comentario