25/10/12

O diario violeta de Carlota

O primeiro libro escollido para iniciar o Club de Lectura foi o O diario violeta de Carlota de Gemma Lienas, publicado pola editorial Galaxia. Veunos moi ben como libro introdutorio sobre o tema da igualdade.
 O diario violeta de Carlota achega un montón de situacións cotiás caracterizadas polo vesgo do machismo, algo que nin vemos polo acostumados que estamos a convivir con elas. Creo que é un bo xeito de lles abrir os ollos e de dar pé ás novas lecturas que vaiamos confrontando.

E o tempo non chegou a nada. Primeiro, as discusións xeradas entre dous bandos opostos: os rapaces aseguraron que o libro lles pareceu esaxerado e que non é para tanto. As mozas, enfadadas, crían que o libro acerta de cheo.
E as discusións impediron que abordarasemos a situación da muller no deporte, a situación no mercado laboral, etc, etc. 
E é que hai moito que falar sobre o tema.

O que opina....
Ana Colmeiro Corral:

Paréceme un libro moi acertado e quen en verdade che fai ver as cousas das que antes non te dabas conta.
Odio as persoas como o marido de Mercedes que lle tira unha boneca ao seu fillo porque é "de nenas". Ou que cren que "os homes non choran"
Xa sei que hai quen cre que o libro esaxera, pero a min paréceme que o machismo goberna o mundo.





3 comentarios:

Sonia Framiñán dixo...

Este libro gustoume moito e pareceume moi interesante, posto que léndoo dinme conta de cousas que están aí e que nós mesmas, as mulleres, as vemos con normalidade e convivimos con elas como se nada. Despois de lelo podo decir que si que me dou conta de máis actos machistas que antes.

Andrés Salgueiro dixo...

De todos os libros que limos neste club foi o que menos me gustou.
Pareceume un pouco aburrido pero moi realista en todas as accións de machismo que dicía Carlota.

Martina Domínguez Rodríguez dixo...

Este libro foi un dos que máis me gustou do club de lectura.
Nel explícanse moitos tópicos que siguen existindo a día de hoxe contra as mulleres.
O que me sorprendeu foi que a ningún rapaz lle gustase e todos dixesen que era moi esaxerado porque eu de feito pensaba que lle faltaba reflectir moitas outras situacións de discriminacións.