19/12/12

...Con locura, amor y malos tratos

Só coñecía este cómic por recomendación de Carme, e foi todo un acerto propólo para este club. É, sinxelamente, xenial. En ...Con locura, amor y malos tratos nárrase a historia dunha parella na que se reproducen estereotipos sexistas que desembocan en distintos tipos de agresións por parte da figura masculina. O feito de escoller as figuras non humanas, por exemplo, paréceme dun gran acerto, tendendo ao mesmo tempo ao afastamento pero tamén ao achegamento da historia. O feito de tantas imaxes en branco, sen nada que dicírense...

O que opina....
Ana Colmeiro Corral:

Aínda que é curto, dá a entender con moita claridade quen é o que manda nunha parella e quen é o que sofre o humor.
Penso que este libro é unha chamada de atención para que tanto homes como mulleres nos deamos conta de que o home toma o poder porque se lle permite facelo.

3 comentarios:

Sonia Framiñán dixo...

O relato pareceume moi realista en todos os aspectos e sorpréndeume moito que os protagonistas fosen animais, así vese todo moito máis simbolóxico. É verdade que impacta darse conta de que todo o que se conta é moi real e ver como a muller se ve soa e chega a parecerlle normal todo o que lle está sucedendo.
Non me esperaba en absoluto que ó final perdonase ó home.

andres salgueiro dixo...

O libro pareceume extraño o ver que eran animais. O feito de que os protagonistas sexan animais fai o libro mais interesante.
A min o libro gustoume e e moi realista nas imaxes.

Martina Domínguez dixo...

...Con locura, amor y malos tratos é un libro que me fixo pensar en todas as mulleres que son maltratadas e simplemente o asumen, non fan nada por cambialo, non aceptan axuda e simplemente aguantan esa vida. Tamén me fixo reflexionar nas que, pola contra, son valentes e se atreven a denunciar, ás que saben que non é normal que a túa parella te maltrate xa ben sexa fisica como psiquicamente.
É un libro moi real porque reflicte sen tapuxo algún o que pasa en moitas casas.
Recomendo este libro, sobre todo se che interesa este tema e non tes moito tempo xa que se le rapidamente.