Fran Alonso comezou a súa intervención facendo un pequeno percorrido da historia do Sahara e de como chegou o seu interese:
"A primeira vez que contactei co problema do Sahara foi no ano 86, cando ía a Alxeria; alí a policía marroquí -a máis corrupta do mundo- estivo no noso furgón e buscaron os mapas para ver se estaban trazadas as fronteiras entre o Sahara e Marrocos; eles consideraban o Sahara parte do seu país, polo que non deberían aparecer. Nuns mapas que nós non elaboraramos. Pero non estabamos dispostos a pagar e estivemos alí bastante tempo. Aí comecei a preocuparme polo pobo saharaui.
Cando volvín no ano 94 a situación era diferente: guerra civil, estranxeiros ameazados de morte polo islamismo integrista. En Tindouf, ao aterrar, fomos escoltados polo exército.
Os saharauis son un pobo nómada que viven de viaxar asentándose en campamentos e comerciando. Non debemos confundilos cos "homes azuis" ou tuareg.
España polos anos 30 comezou a conquistar o territorio polo que se movían os saharauis e Franco nomeuno "provincia de España", con DNI e documentos españois; elaborouse un censo, dificultoso precisamente porque son un pobo nómada. Franco soñaba cunha España máis grande, pero ademais había intereses: minas de fosfato que producían un capital importante, onde foron empregando aos saharauis, renunciando ao seu estilo de vida nómada. Alí naceu o nacionalismo saharaui e comezou a Fronte Polisaria. España impuxo unha administración que obrigou a asentarse aos saharauis; estes comezaron a integrarse no sistema de ensino español, vían a Televisión española... eran españois administrativamente. Nos anos 70 fíxose un censo dunha 90000 persoas, censo sobre o que se faría o Referendum a favor da independencia, un censo irreal polo nomadismo pero que se admitiu como válido.
O nacionalismo saharaui foi medrando nos anos 70: era o último pobo en situación de colonización en África.
En setembro do ano 75 prodúcese a "Marcha Verde": Marrocos, que aspiraba a colonizar ese territorio -a pesares de que a cultura marroquí nada ten que ver coa cultura saharaui, son bereberes e alahuís-, aproveitou a morte do ditador Franco para ocupar o Sahara xunto con Mauritania, país que si se achega máis ao seu xeito de vida.
O clima de terror foi tan grande que case toda a poboación fuxiu a través do deserto ata chegar preto da fronteira con Alxeria, en pleno inverno e cun frío atroz. A Fronte Polisaria axudou á poboación na clandestinidade, perseguidos polo exército marroquí e acadando a total simpatía do pobo saharaui.
Cando se refuxiaron sen armas en distintos campamentos, os marroquís atácaronos e destrozáronos. Cruzan entón a fronteira a Alxeria e instálanse nos arredores de Tindouf. Alí permanecen até hoxe e alí iniciouse unha longa guerra até o ano 91.

Ningún comentario:
Publicar un comentario