16/04/15

Ladydi



Se hai un libro que marque un antes ou un despois nas nosas lecturas deste club é este. Absolutamente todos os membros deste club coinciden nun punto: foi o mellor libro deste curso. Gustou tanto que ata as súas nais desexan ler o libro, polo que estes aínda non virán aos andeis da biblioteca.

Cristina Costela afirma:
Este libro é un libro que me sorprendeu bastante, móstranos a situción de moitas familias na cidade de México e en todo ese país a través de Ladydi, unha nena de once anos que se fai pasar por neno para evitar que os narcos a secuestren. Xunto as súa amigas, terá que esconderse nos buratos cavados na terra para que os narcos non as atopen, xa que o único que buscan é convertilas en escravas sexuais. A dureza que nos transmite Ladydi, nun lugar marcado pola marihuana, narcotraficantes e amapolas é terrible.
Guerrero é un lugar no que só hai mulleres, porque os homes cruzan a fronteira de México con Estados Unidos na procura dun futuro mellor, pero a maioría deles non regresa, deixando as súas mulleres e fillas expostas á violencia dos narcos. Guerrero é un lugar no que as condicións de vida son terribles e ata a natureza  se converteu nunha enemiga. Unha vila na que ninguén lle reza a Deus, porque nin se fían del… Aínda así, nesas condicións Ladydi crece rodeada das súas amigas e ao carón dunha nai capaz de roubar, maldicir e rir, con tal de sacar a súa filla adiante.
O que máis me impactou é como tratan as rapazas, só por seren guapas, xa as secuestran para abusar delas, roubándolles a súa infancia, con 11 anos, e é que van quedar marcadas para sempre, e eu penso que nenas con once anos aínda teñen que desfrutar da infancia e pasalo ben, porque nunca máis lles vai volver.
Tamén me impactou a forza de vontade que ten a nai e Ladydi, que fai o que sexa por sacala adiante, aínda que ás veces é Ladydi quen fai de nai da súa propia nai, que para ter once anos é unha nena moi madura, debido ás circunstancias que lle tocaron vivir.
Unha realidade durísima, plasmada neste libro que paga a pena ler.

Ningún comentario: