O Club de Lectura de 4º da ESO e 1º de Bacharelato segue, de momento, coa mesma temática do curso pasado: a igualdade da muller e a violencia de xénero.
A primeira reunión xirou arredor de Febre de Héctor Carré publicado por Xerais: un libro sobre a igualdade da muller, sobre a posguerra, sobre a
Segunda Guerra Mundial, sobre a falta de escrúpulos, sobre o abuso da
autoridade, sobre a esperanza, sobre o Amor, sobre a vinganza… Unha
novela moi cinematográfica que gustou moito a todos os membros do club.
Falamos da supostamente
superioridade masculina que algúns personaxes da novela reclaman
constantemente, así como diversas escenas que nos desquician ante a
impunidade con que eran cometidos certos delitos. Gozamos dunha heroína que anhela unha liberdade
case conquistada arestora confundíndoa mesmo coa imaxe de Katherine
Hepburn, esa imaxe que a protagonista tomabaa como espello para loitar
por ser muller, persoa, humana.
Para a próxima sesión é Alba quen propón o libro, algo que me sorprende gratamante. Porque quere saber máis de Malala, a quen admira, e que nos servirá para seguir na mesma liña semántica.
Feliz Nadal!
Ningún comentario:
Publicar un comentario