O primeiro libro deste 2013 foi A cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre. Un libro que nos achegou á tremenda experiencia da violación na adolescencia, as causas persoais e as consecuencias sociais. Como poder enfrontarse a tan terrible e humillante experiencia? Porque o máis difíciel é esquecer, pero tamén o día a día no que deben mirar o mundo que as rodea, que non sempre llo pon fácil.
O que opina....
Ana Colmeiro Corral:
É un libro precioso que é coma se vivises ti todo o que nel ocorre. É unha auténtica animalada o que ten que vivir unha rapaza despois de ser violada. Tamén é certo que hai boas persoas que axudan, pero o feito de que unha soa pesoa acuse a outra de "buscalo" por ir en minisaia resulta tremendamente enoxoso. O que máis me chocou foi a actitude dalgúns profesores por non afastarse da estudipez xeral. Supónselles máis cultura.
1 comentario:
Este libro está moi ben, foi quizais o que máis me gustou.
Enganchoume como na páxina 30 cando violaron ás rapazas e se empezou a ver o que esto ocasionou.
O que menos me gustou foi que me pareceu pouco real a reacción da nai e o pai ao enterarse que violaran á súa filla e tamén que as rapazas estivesen con outro rapaz tan pronto.
Pero encantoume esa forma de explicar como os prexuizos machistas insisten en que é culpa das rapazas por ir "provocando" e como se conta que non todo o mundo axuda neses casos apoiando as víctimas se non que lle botan a culpa e as unden.
Este libro tamén o recomendo.
Publicar un comentario