14/05/10

Con Begoña Caamaño

Foi unha mágoa non dispor de máis tempo para falar con Begoña. Ao coñecela causounos unha gratísima impresión e logo, na conversa, resultou unha muller moi interesante e con moitas cousas que contar. Falounos das súas inquedanzas relacionadas coa muller e co feminismo, do seu gusto polos clásicos e a súa indagación na parte máis humana que se agocha tras os mitos e que nolos achega ata o punto de poder identificarnos con eles...
Quedaron no tinteiro as súas experiencias en África (especialmente a súa colaboración coas mulleres de Mozambique), o seu traballo na radio relacionado coa nosa cultura e tantas outras cousas que non tivese gustado comentar con ela.
Agardamos contar con ela noutra ocasión para seguir falando de todo un pouco, por exemplo, desa nova novela que, segundo nos dixo, xa ten entre mans e que estamos desexando ler.





2 comentarios:

Jennifer Mosquera dixo...

Hei de recoñecer que a pesar de que non rematei de ler o libro, a parte que lin pareceume bastante interesante. A perspectiva dende a que a autora nos pretende mostrar o amor é bastante interesante e merece ser analizado. Nel deaparace por completo o amor idealizdo que nos veñen vendendo os contos de fadas dende que eramos cativos, para dar lugar a un amor máis real e natural. Porque se algo é certo e que nada é para sempre!
Falando un pouco da visita da autora ó noso instituto quero dicir que me pareceu unha muller moi agradable e cuns principios e puntos de vista moi acertados para o mundo no que estamos vivindo agora mesmo e cos que estou totalmente de acordo.
Se houbera máis persoas coma ela, outro galo cantaría.
Xa só me resta dicir que espero poder ler moi pronto un dos moitos libros que lle quedan por escribir a esta autora.

Ana Cristina dixo...

Gustoume moito coñecer a esta autora porque realmente é moi simpática e resulta agradable falar con ela. O seu libro pareceume bastante bo e despois de nos contar cousas como por que decidira escribilo creo que agora o podo entender mellor. En definitiva espero poder coñecer máis persoas coma ela.