Unha gran mágoa: unha das nosas integrantes marcha para México. Botarémola de menos. Todo o club se desviviu hoxe por lle facer unha festa de despedida antes de nos sentar a falar da nosa última lectura e de moitos outros libros que xorden en cada reunión.
Tamén lle pedimos un discurso de despedida, algo que a min, particularmente, encheume de emoción. Hai tan só catros meses que nos coñecemos, que formamos o club, e as súas palabras foron especiais: un dos mellores recordos que levo comigo é este club; aquí fixen amigos novos, aquí compartín paixóns. Pídovos que o curso próximo, aínda que non estea Gracia convosco, sigades tendo este club, non deixedes que esmoreza. Porque é moito máis importante do que nun principio parece, e porque a xente que non pertence a el non ten nin idea do que está a perder.
Ata sempre, Andrea.
2 comentarios:
menudas fotos!!!jajajjajjajaaja!!! y que pelo mas cortotenía!!!jejejeje!!
Andrea, se te hecha de menos!!
Foi una despedida incríble, moitisimas grazas por todo.
É espero que por favor manteñades o clube de lectura. Eu vou intentar formar un aquí en México.
Publicar un comentario