22/12/09

Roteiro A Esmorga

Hoxe tivemos unha reunión do club máis que especial. Por dous motivos: porque non nos reunimos na biblioteca para falar do libro e o segundo porque contamos coa visita de parte do club de lectura dos cursos pasados de Silleda. Así que a miña ledicia era moita. O malo foi o tempo: a choiva acompañounos de tal xeito que tivemos que abandonar o roteiro sen atopar a última placa.
Roteiro? Que roteiro?
Si. Se decidimos ler A Esmorga foi, entre outras cousas, por poder realizar algo diferente. Aínda que non saíu como queriamos por mor do tempo, resultou unha tarde interesante e totalmente diferente, poder recrear os pasos dos nosos protagonistas polo Ourense vello, unha cidade que tanto amo e unha parte vella que tanta xente descoñece.



Grazas Ana por acompañarnos e guiarnos, por mollarte connosco e por compartir a nosa tarde.

Ningún comentario: