28/10/09

Enderezo descoñecido

Comentario de Tania Veiga

Este libro relátanos en forma de carta a relación entre un xudeu, Max, e un alemán, Martin, nun tempo marcado polo ascenso ao poder do partido nacionalsocialista no ano 1938.
Móstranos como a ideoloxía liberal de Martin vai mudando co paso do tempo debido á influencia nazi. Ao mesmo tempo relátanos a difícil situación na que se ve este, xa que na antiga Alemaña nazi o feito de manter correspondencia ou relacións cun xudeu págase moi caro. Todo iso marcado polo interese de Max de saber como lle vai ao seu amigo Martin e a súa incomprensión polo cambio radical ideolóxico do seu amigo, quen antes, cando vivía en América, se definía como un liberal.
Só polas cartas comprendemos a crueldade da Alemaña nazi, que busca o despunte da súa economía durante a gran crise económica que sofre este país despois da Primeira Guerra Mundial e que busca, ademais, crear unha raza aria asasinando a todo aquel que fose diferente, especialmente aos xudeus, a quen culpan en parte da crise.
O xeito de rematar o libro, a vinganza, o código que os lectores pretendemos descifrar... espeluznante.

2 comentarios:

Andrea Rodríguez dixo...

Amosa moi ben o cambio de ideoloxía dos alemáns.

TANIA dixo...

nO TEÑO MAIS Q COMENTAR. O RESUMO Q FIXEN XA O DI TODO