22/04/09

Encontro con Miguel Anxo Murado

Que sorte temos neste club! Non só lemos lecturas que nos ensinan e sorprenden, que nos fan reflexionar sobre os Dereitos Humanos, sobre a sorte que temos por estar a vivir aquí, por tocarnos esta vida... senón que tamén recibimos de primeira man información sobre o libro escollido: podemos dialogar co escritor e presentarlle as nosas dúbidas, as nosas reaccións ante o escrito, as preguntas que xorden...
Desta volta lemos Fin de século en Palestina: un documento de primeira man sobre o que acontece en Israel e en Palestina. E ademais do que aprendemos co libro, Murado contounos o que neste non aparece e el viviu alá: os odios, os amores, as relixións, as batallas. Un día a día cheo de anécdotas que amablemente compartiu connosco mentres nos abraiaba coa súa conversa doce e amble, co seu sorriso...
Quedámonos con moitas cousas: cos fundamentalismos, coa idea errónea dunha sociedade israelí avanzada, co po meténdose polos recunchos, co medo, coa educación dos palestin@s... e moitas outras cousas que permanecerán na nosa memoria.




Moitas, moitas grazas, Miguel Anxo, por todo o que nos deches.
Grazas, Fernando e editorial Galaxia por permitirnos este luxo.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Foi unha tarde xenial onde todas quedamos abraiadas do ben que falaba Murado, das súas viaxes e das suas historias.Una tarde perfecta para falar un tema que da tanto de si.

Anónimo dixo...

Gustáronme moito as horas que pasamos ese día no club de lectura. Considero que é unha gran persoa e moi entretido. Nótase que viaxou por moitos países...
Oxalá que volva..

**Thalía**

Oshidori dixo...

A pesar de que non fun á xuntanza que se celebrou pola mañá tiven a sorte de poder reunirme con el, con Miguel Anxo Murado, con esta gran persoa que nos trouxeches (unha máis que sumar ao montonciño de grandes escritores cos que nos ves agasallando dende o ano pasado) e coas miñas compañeiras do clube de lectura pola tarde. E como me pasa sempre quedei encantada. Hoxe síntome un pouco (bastante) máis sabia ca antes, sei que cando se presente un debate na miña casa, no instituto, en calquer sitio, vou ser capaz de trasmitir o que Miguel Anxo nos contou a todos, pra que sintan un pouco máis cerca todo o que nós coñecemos gracias ás súas palabras.

Dicir que me gustou moito Fin de século en Palestina e como xa lle comentei na xuntanza, Mércores de cinza.

En definitiva, Miguel Anxo, moitas grazas por visitáresnos e por nos trasmitir un pouco da túa sabiduría.

E a ti Gracia, como non, grazas por semeentar en nós esa curiosidade por saber daqueles que ata agora so eran "uns que viven moi lonxe", grazas por facernos sentir un pouco máis perto de todas esas persoas.