27/02/09

Encontro con Antón Riveiro Coello

Hoxe celebramos a nosa terceira reuninón dun xeito moi especial, xa que acudiu para estar connosco o autor do libro escollido: As Rulas de Bakunin. Un libro que nos gustou moito e que nos fala da guerra civil e do sufrimento que esta supuxo para unha familia que tivo que fuxir, dun home que busca un libro como símbolo de liberdade, da perda ou non duns ideais e da loita por conservalos, do que pode ser un heroe... Antón falounos da súa particular visión do libro, do por que e por onde se desenvolve e estivo connosco tres horas que non chegaron a nada.
Grazas por esta tarde tan especial.




5 comentarios:

Anónimo dixo...

Canto máis o penso, máis teño a certeza de que o meu encontro con Antón foi xenial.
Foi moi particular o xeito no que nos presentou os "antecedentes" do libro... Isto é, as diapositivas que nos amosou.
Sobretodo o que máis me gustou foi a confianza que nos transmitiu. Moito mais que pola mañá.

Anónimo dixo...

Antón Riveiro Coello un dos mellores escritores que coñecín, encantoume a forma tan liberal de contar a súa vida ou os momentos vividos nela con xente coma nos.Dende aquí darlle as gracias xa que non tiben a oportunidade, polo libro que nos regalou.

Anónimo dixo...

Totalmente dacordo con Susana e Antía.

Nada mais nos faltou unha barra de pan, unha tortilla e unha guitarra. Porque eu quedei cas ganas de escoitar "Allá en el rancho grande".
Quedará pra outra.
:D

Anónimo dixo...

Gustoume moito o tempo que pasamos con Antón, considero que é unha gran persoa é moi simpático.
Os seus libros foron unha gran oportunidade de aprender moitas cousas.
Moitas gracias a el por pasar unha tarde tan agradable con nós.

**Thalía**

Anónimo dixo...

Este club de lectura foi un dos máis interesante e divertido.Antón é un home moi divertido e pareceume moi interesante a forma de contarnos de onte xurdiron os personaxes dos seus libro.
Gústoume