Si, por que non, podería ser Caramelo, o amigo de Kori. Que cres que Caramelo nos está a dicir?
E ti, que lle dirías despois de ler a obra de Gonzalo Moure?
Gustouche a historia?
E os personaxes?
E que nos dis do final do libro?
Por que recomendarías Palabras de Caramelo?
Este xoves día 27 de marzo Gonzalo Moure visitará o noso club de lectura para falar de Caramelo e moitas cousas máis.
1 comentario:
Somos Iciar e Laura.
Palabras de caramelo pareceunos un libro moi bonito.
Eu (ici) opino que me gustaria mais se o camelo non morrera, porque despois de que o neno se fugara con el pareceume moi inxusto que o mataran igual, despois cando o autor explicou que a realidade era que os nenos do Sahara non lles collian cariño facilmente aos camelos, así que xa me quedei con menos pena.
Eu (laura) penso que estivo ben o final, porque senon seria un libro mais, como todos, e non seria nada sorprendente, ainda que si que me pareceu moi triste.
Eu (ici de novo) apostillo que non me gustan os finais tristes, por eso queria que o cameliño vivise.
Un forte abrazo.
Ici e LauRa
Publicar un comentario