26/12/14

Con Xavier Queipo e o seu "55"





A visita de Xavier Queipo o día 23 de decembro para falarmos de 55, entre outras cousas, foi claramente inesquecible, porque con el falamos de  moitas outras cousas interesantes que non tiñan relación con este libro explicitamente.
Dadas as datas, non todos os compoñentes do club puideron asistir, aínda así houbo novas incorporacións que leran o libro con detalle e fixeron moitas preguntas.


Xavier falounos de como procura innovar en todos os seus libros, de como algunhas das súas historias baséanse na súa vida (que vida tan apaixoante!) e outras de retallos de conversas ou de cousas que le. Asemade, falamos do seu premio como tradutor do "Ulises" e de que vive nunha rúa onde se falan máis de 100 idiomas. Canto tiña para contar!
O tempo voou ao seu carón.
Grazas por vires ata Silleda!

2 comentarios:

Sonia Framiñán dixo...

Esta oportunidade de compartir tan agradable velada con Xavier Queipo achegounos, creo eu, a todos os participantes do club moitas grandes historias e coñecementos que propiamente non tiñan moito que ver co seu libro 55 e resultaron do máis interesante, xa que o autor parece ter moito coñecemento sobre a vida, sobre outros lugares e as suas culturas... Realmente é un home fantástico con moitas historias que contar ! Sempre é de agradecer que elixira pasar unhas horas con nós, e máis nestas datas. Gracias !

Ana Colmeiro Corral dixo...

A visita que tivemos con Xavier Queipo aínda que breve foi tamén intensa. Non todos tiveramos a oportunidade de ler o seu libro, máis por falta de tempo e de exemplares que de ganas, pero realmente non fixo falta ler o libro para seguir a conversa. Xavier aportounos moitísimas viaxes culturais que viviu ao longo da súa vida, para nada aburrida creo eu. O que máis atención me chamou é que onde el traballa se falan sobre 100 idiomas diferentes e que teñen que poñerse de acordo no idioma que van falar as persoas cando se xuntan.
Falamos tamén doutro dos seus libros publicados e desvelou as vivencias propias que dalgún modo estaban ligadas a cada relato. A sensación que levo do escritor despois da xuntanza foi dun home moi amable e simpático, ademais de con moita cultura, xa que quedei asombrada con todo o que compartiu con nós facéndonos partícipes dalgún modo da súa propia vida.