Isto é o que nos di SONIA FRAMIÑÁN:
Estes dous últimos cursos tiven a sorte de poder participar nun club de
lectura sobre a violencia de xénero e a igualdade da muller, que sen dúbida dou para moito. Realmente
este club serviume para abrir os ollos a un mundo no que cada vez parece
relucir máis a violéncia de xénero e o machismo, sobre todo entre os
adolescentes (algo que eu nunca chegaría a imaxinarme).
|
|
Antes de comezar neste club, teño que recoñecer que non vía
o machismo e a discriminación da muller como algo tan extendido, xa que case por
todos os medios intentan taparnos os ollos ante a maioría das inxustizas
cometidas, e nunca pensei que iso sucederia tan cerca de min, no meu
entorno. Despois destes dous cursos son consciente da e xente
machista que hai a día de hoxe, e teño que dicir que estou asustada da gran
catidade de mulleres e sobre todo mozas que teñen estes pensamentos e sen darse
conta atentan contra elas mesmas. Día a día vexo multitude de frases e
actos por parte de xente nova que me parecen aborrecibles, non dou
crédito de que non sexan conscientes do que realmente están defendendo. Penso
que non hai concienciación ningunha na sociedade, porque mesmo xente que afirma
rotundamente defender as mulleres ante todo, ven na súa vida cotiá actos
machistas e discriminatorios dos que eles mesmos non se dan conta. Actualmente
están aumentando estes casos de acoso entre os máis novos e os adolescentes,
algo totalmente intolerable ao que parece ser que ninguén lle dá importancia. Eu
pola miña parte penso loitar contra estes actos e intentar non ser partícipe
deles, pero non chega só con iso, todos e cada un de nós debemos tomar
conciencia e loitar pola igualdade entre xéneros.
En definitiva, teño moito que agradecerlle a este club de lectura
que me destapou o telón a tanta desigualdade, e sobre todo, á profesora
organizadora, Gracia Santorum que loitou por concienciarnos a cada un dos
componentes. GRAZAS !
Ningún comentario:
Publicar un comentario