Este mes de febreiro a xuntanza foi para falar de "Montruo de ojos verdes" de Joyce Carol Oates publicado pola editorial SM.
Segundo a opinión de todos os membros do club, este libro converteuse nun dos seus preferidos, non houbo ningunha opinión "disidente" e todos compartimos a nosa satisfacción ante unha boa lectura.
O xeito de ofrecernos o relato é fantástico: os lectores imos intuíndo a triste realidade, pero esta non se nos amosa ata o final, posto que temos tan só a perspectiva da protagonista, unha moza de 14 anos que en todo quere compracer ao seu pai e moitas veces non se atreve nin sequera a cuestionar o seu carácter. Pero dános, iso si, suficientes indicios para saber que é o que realmente ocorre. E iso é o bo deste libro: que non presupón que ao lector/a haxa que lle explicar nada, debe percatarse por si mesmo de que é o que acontece, aínda ocultando datos ou distorsionando algunhas realidades.
O que opina....
Ana Colmeiro Corral:
Sexa en castelán, en galego ou en ruso, este libro é un dos libros máis bonitos e á vez, máis tristes que lin na miña vida.
Sufrín moito con el. Enfadeime, maldición, xurei, e ao final chorei, porque sentín unha impotencia moi grande. Porque fóra da ficción tamén ocorre isto. E eu nada podo facer para impedilo.
Unha lectura imprescindible que pon os nervios a flor de pel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario