27/02/09

Encontro con Antón Riveiro Coello

Hoxe celebramos a nosa terceira reuninón dun xeito moi especial, xa que acudiu para estar connosco o autor do libro escollido: As Rulas de Bakunin. Un libro que nos gustou moito e que nos fala da guerra civil e do sufrimento que esta supuxo para unha familia que tivo que fuxir, dun home que busca un libro como símbolo de liberdade, da perda ou non duns ideais e da loita por conservalos, do que pode ser un heroe... Antón falounos da súa particular visión do libro, do por que e por onde se desenvolve e estivo connosco tres horas que non chegaron a nada.
Grazas por esta tarde tan especial.




As Rulas de Bakunin

Comentario de Carla Gómez Ferradás

Foi un libro un pouco difícil de ler ao principio, pero logo funme decatando da unión das historias.
Non é o típico libro que lería eu pero debo dicir que ao final gustoume, sobre todo a historia de amor entre Camilo e Rosalía e tamén o xeito de narrar esa época da historia.

26/02/09

As Rulas de Bakunin


Comentario de Antía Iglesias Otero

As rulas de Bakunin
Riveiro Coello
Galaxia


A mostra expectante de como Galicia e España viviron a época da represión e como os anarquistas lograron saír de apuros.
A parte do libro que máis me gustou foi a do cárcere e tamén a historia de amor entre Camilo e Rosalía.

25/02/09

As rulas de Bakunin



Comentario de Andrea Díaz


As rulas de Bakunin
Riveiro Coello
Galaxia


Aburrinme un pouco ao principio do libro, pero cando comecei a enlazar o que explicaba nuns capítulos coas historias que contaba noutros empecei a engancharme e a interesarme por chegar ao punto no que as tres historias se unen e os tres personaxes se ven identificados nun só.
Fíxoseme un libro de lectura sinxelo e rápido precisamente por ese xeito de narrar en capítulos curtos e con diferentes historias.


21/02/09

As rulas de Bakunin

Comentario de Sonia Salgueiro Brea


As rulas de Bakunin
Riveiro Coello
Galaxia


Gustoume moito este libro aínda que nalgúns momentos fíxoseme algo complicado seguilo, xa que intercala distintos tempos e fala dunha realidade que non cheguei a coñecer, aínda que non é tan afastada, na que as condicións de vida eran moi diferentes ás de hoxe en día.
As historias que se relatan son incribles, aínda que algunhas son moi duras e tráxicas. Penso que é un libro bonito xa que algúns personaxes conseguen sobrevivir e ao mesmo tempo interesante porque nos trae á memoria unha realidade que está presente na mente de moitos anciáns.
O libro ten unha carga de dor e tristura, supoño que polas condicións durísimas daquel tempo e porque todos perderon a alguén importante na súa vida.


20/02/09

As rulas de Bakunin

Emma Vázquez cre que...

O libro relata as problemas que había en Galiza antes da implantación da ditadura franquista.Algunhas das historias que contan son duras e tráxicas.

13/02/09

Ruído. Relatos de guerra

Comentario de Thalía Troitiño González



Neste libro hai partes que me gustaron bastante e outras non tanto. Por exemplo, unha parte que non me gustou foi "Nas mans de Deus". Grazas a axuda do pastor dos oito cordeiros, os oito mozos puideron evitar ser descubertos polos inimigos.
O de "Grandes cambios no último minuto" fíxome cavilar en como as cousas poden cambiar en memos dun minuto e como moitas veces se teñen que tomar decisións que poden mancar a nosa vida.
Creo que cada unha das partes deste libro ten o seu significado e nos pretende amosar como están as cousas nalgúns países.
Recoméndoo, a min en xeral gustoume.

11/02/09

As rulas de Bakunin

Comentario de Thalía Troitiño



Gustoume moito este libro xa que relata os problemas que Galiza estaba a vivir na época anterior á implantación da ditadura franquista. O xeito que ten de contar a vida do protagonista, ao principio facía que me perdera pero ao pouco que levaba lido xa o entendía.
Unha das cousas que máis me gustou foron as cartas que Camilo lle escribía á súa muller morta, Rosalía. Nelas amosaba o gran cariño que lle tiña, canto a botaba en falta. Sorprende moito o feito de que non lle contase o da súa tía pero cheguei a comprendelo pois el queríaa tanto que non quería romper o lazo que os unía. Hai que ter en conta que el vivía con ese sentimento de culpa durante toda a súa vida.
Aclaro que a min sempre me apaixoou todo o referido á historia de Galiza, por iso sabía que este libro non me ía decepcionar. Poder enteirarse do que a xente tivo que pasar polo mero feito de pensar diferente, de teren ideas distintas, fai que me sinta agraciada por vivir nunha sociedade un pouco máis tolerante.
Un libro máis que recoméndabel que axuda a cavilar.

As rulas de Bakunin


Comentario de Susana Cumbraos

As rulas de Bakunin
Riveiro Coello
Galaxia


Este libro cóntanos a historia dun home anarquista que nvivu na súa propia pel a guerra, así como tamén as repercusións desta.
Unha obra maxistral, para o meu gusto, que nos amosa como era a vida naqueles tempos difíciles, onde as accións de cada un poñían a súa propia vida en perigo; aínda sendo deste xeito había persoas que loitaban polos seus principios e endexamais se rendían.
Chamoume moitísimo a atención o modo no que está narrado este libro: entrelaza vivencias en primeira persoa con vivencias en terceira, pero sen se afastar desa liña conmovedora e á vez intelixente.
Tamén me chamou moito a atención o modo no que o autor é capaz de plasmar todos eses sentimentos. Podo dicir, despois de lelo, que é unha obra totalmente diferente a Os ollos de K, pero igualmente marabillosa.