07/11/09

Debuxar o horror

O 6 de agosto de 1945 caía a primeira bomba atómica arrasando Hiroshima. En The Big Picture tedes imaxes que dan conta da destrución e da dor.
Moitos anos despois, algúns dos supervivintes tiveron a oportunidade de debuxar as lembranzas dese pesadelo. Na web Children of the Atomic Bomb recopilaron estes debuxos:





E premede tamén aquí para saber e horrorizármonos algo máis: a memoria é necesaria.

Vía Fogonazos.

Ningún comentario: