Hoxe celebramos a que pode ser a última reunión do noso club. Despois da lectura tan interesante que nos proporcionou "Unha puta percorre Europa", tivemos a sorte de departir co seu autor o por que e a súa propia opinión sobre a novela, o feito de narrar e moitos outros temas de actualidade, coma a música, a televisión, a literatura galega... E todo isto, mentres comiamos, posto que a súa xenerosidade foi tal que veu ao noso centro a mediodía, único momento da súa xornada laboral en que quedaba libre. Non poderemos pagar nin agradecer suficiente o seu sacrificio e bondade. Moitas grazas, Alberto, e ata sempre.
Grazas, Ernesto, por traénolo.
3 comentarios:
Foi moi entretida a tarde por todo o que comentamos sobre o libro e a sociedade que o rodea. Foi un libro que me gustou moito, e que me sorprendeu. Ao igual que o autor.
Novamente foi un placer poder contar no noso club de lectura co autor do libro que lemos.
Foi unha reunión-xantar moi interesante donde sairon moitos temas de conversación
Gústome moito este escritor, véxoo moi próximo a nós...eu cando penso nalgún escritor teño o costume de imaxinarmelo inaccesible e moi formal. Pero Alberto era como un máis de nós e iso gústome moito, era coma se estiveramos falando cun compañeiro...e sobre todo foi moi simpático. E trouxéronnos crocretas jaja, iso tamén conta. Non é un escritor estirado, nin como eu me imaxino, é dicir, o tópico dos escritores como penso eu. Non sei, gustoume.
Publicar un comentario