18/11/08

Con Gonzalo, de merenda

Curiosamente, a nosa primeira reunión do club de lectura foi hoxe sen libro pero con autor. Si, así como o oídes: merendamos con Gonzalo Moure, quen o ano pasado prometera volver para probar eses ricos produtos da nosa terra que unha parte do meu alumnado se empeñou en pregoar.
Un inicio de luxo que esperamos servise para cargar pilas e seguir a ler máis e máis.

Aviso: A foto non é moi boa pero é a única que me mandaron!


3 comentarios:

Anónimo dixo...

A verdade é que cando nolo dixeches non pensei que fose en serio: Gonzalo Moure ía vir merendar con nós!
E ao final veu, e probou o pan de mella (que bo está) e o chourizo, e a tortilla...Pero bueno, non me centro na comida que me perdo. Disfrutei moito da súa segunda visita, e espero que haxa unha terceira, e outra, e outra...aínda que sexa sen pan, e a poder ser para amosarnos ese libro en galego.
Dúas apertas, unha pra ti e outra pra el, por se o ves.

Anónimo dixo...

Gustoume moito que volvera a xunto nosa, pois é unha persoa incríble. O que parecía que só iba ser unha merenda trnçansformouse nun reunión no que se compartiron moitas opinións dos distintos libros que lemos ao largo da nosa vida e os que poderemos ler nun futuro.


**Thalía**

Anónimo dixo...

Unha pena non poder asistir, a merendola con Gonzalo. Na súa primeira visita quedei... Quedei incluso sen palabras para describilo. A experiencia foi incrible. É unha desas persoas as que cando fala, atendes con ansia e non queres que remate nunca de falar.