15/05/08

Dime si yo te querré

Este é o título do libro que nos levou a xuntar o noso club de lectura a principios do mes de maio. Un libro diferente, porque por primeira vez non era o Sáhara o protagonista, senón que era o trasfondo da historia. Unha historia de amor no tempo. Pero tamén este libro axudounos a saber algo máis, pois a protagonista debe volver a aqueles primeiros tempos de intento de independencia do Sáhara dos españois para saber algo máis da súa propia historia persoal.
Debemos dicir que esta reunión non foi tan numerosa, aínda que os membros do club aseguran que a súa lectura resultou amena.

Ningún comentario: