Chegou sorrindo.
- qué, os pillé merendando, no?
E deseguida sentou entre nós, nada de detrás da mesa do profesor. E aí comezou a falar, e nós a escoitar, os ollos coma platos e a mirada perdida entre as súas aventuras, relatos, anécdotas... falounos sobre a maxia, a maxia da vida e da morte, sobre o futuro e a vida, e os sentimentos, e de cousas máis cotiás; ben, dos seus libros tamén falamos, dos finais felices e dos tristes, dos finais abertos e dos pechados e das historias que non teñen final.
O que máis me gustou da visita? A súa familiaridade, esa complicidade que nos fixo sentir coma se o coñécesemos de toda a vida, coma se (como di a miña nai) xogaramos con el ás canicas todos os días.
Creo que conectou connosco, eu persoalmente quedei encantada coa súa visita e creo que del aprendemos moito; non respostas, pero si preguntas, porque como nos dixo el, na vida o importante non é ter todas as respostas senón aprender a formular as preguntas.
O que máis destacaría del? O feito de querer non gustar, que non é o mesmo que non querer gustar, supoño que a min moitas veces me gusta tamén non gustar, coma un final triste, que nos fai pensar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario