26/03/08

Que opinamos de... Palabras de Caramelo? (I)

Andrea Díaz:

Non me gustou o libro, nin o protagonista, non me gustou a súa forma de ser, o seu egoísmo. Doeume a morte de Caramelo coma se o neno fose eu, e chorei co final. Acabei odiando a aquel que matou o camelo e non logro entender por que o fixo. Quen era el para privar a Kori do seu único amigo? Por que non deixaron vivir a Caramelo? Deixar que continuase a historia e todos seriamos felices, Kori, Caramelo e eu. Por que non?
A vida está chea de tristes finais, os finais felices son os dos contos, e este non é un conto, esta é unha historia e chámase Palabras de Caramelo.

Ningún comentario: