01/03/08

O cazador de estrelas

Onte reunímonos para falar dete libro. E as que máis interviñeron foron Carme e Pesi... porque ao alumnado había que lle dar un tirón de orellas!
Falamos de...

Historia: "Agelia contaba que de nova quería estudar para enxeñeiro, pero a guerra chegou cando conseguira unha beca para ir estudar a España e xa nunca saíu do país"

Condicións de vida: "Para evitar que o po se colase na jaima, as lonas da porta debían estar botadas." "Pai trashumante".

Solidariedade: "Que noticias viñan de fóra. Qué axudas trouxeran. E, en definitiva, cando deixarían de ser refuxiados e volverían á súa terra…"

Inxustiza: "Sobrevivir é a nosa forma de loita. Só con iso lle dicimos ao mundo que seguimos aquí. Que se está a cometer unha gran inxustiza co pobo saharaui"

Actitudes persoais: "Recoñece que es un pouco tirano"

Para Carme Ares o que máis conseguido está no libro é que nel pasa o que o protagonista oe, describe só isto, o que consiste nunha novidade interesante. Porén, o autor cae en varias contradicións, xa que non encaixa coa idade do protagonista que non saiba ler a pesar da súa enfermidade. Tampouco encaixa que o tío non soubese máis da súa enfermidade traballando no hospital.

O final é positivo, aínda que algunhas personaxes deberían estar máis explotadas, coma o vello, xa que se bota en falta o seu desenvolvemento por ser moi interesante.
O libro non se fai pesado coa información do pobo saharaui.

No que si estamos todos de acordo é que foi un acerto comezar co libro de Fran Alonso, que nos abriu as portas a este mundo e agora ao lermos comprendemos moito vocabulario e modos de vida que doutro xeito non entenderiamos.

Ningún comentario: