29/12/07

Bolboretas


Os saharauis extraen o mellor de cada sitio, como as bolboretas.
Despois de 28 anos de loita, non perden o seu sorriso.
AS bolboretas van voando de flor en flor en busca do mellor polen. O mesmo fan os saharauis, eles extraen o mellor de cada sitio, de cada situación, de cada cultura. Son xente que te invita a sentar con eles a tomar o té, un té que se pode prolongar até ben avanzada a noite. Para comer sacan o mellor da súa limitada despensa e para durmir ofrécenche o mellor rincón da súa haima e a mellor esteira.
Este valor de acollida, de hospitalidade é posiblemente o mellor polen que extraen do Islam.
Nas longas conversas un percátase do gran sentido do humor que teñen. Son unha xente que todo o dá e que non utiliza palabras como envexa e egoísmo, pero iso non xustifica que se lles queira quitar o que eles máis queren, a súa terra e o seu mar. Foron empurrados cara ao deserto polas tropas marroquís... Incrible comprender como, no medio dun escenario tan hostil e duro, como é o deserto, esta xente non perdeu o sorriso, senón que están máis unidos e máis fortes ante as adversidades.
Moitos homes estiveron longas temporadas na fronte, outros morreron. Tamén sacan algo positivo desta traxedia, xa que a muller desempeñou un papel moi importante para sacar adiante o pobo e topa unha recompensa na escala da igualdade de sexos. Grazas a un sistema político que consiste nunha república democrática na que as mulleres votan. E topamos mulleres profesionais, mulleres que comparten veladas cos homes...
Quizais, o mellor deles é a tenrura, a solidariedade, a unión, a paciencia, a meditación, a amizade...


Recorte de prensa do ano 2004. Publicado no diario La Manyana de Lleida en febreiro do 2004. A sección titúlase: ESCUCHANDO LA VIDA.

Ningún comentario: