Publicou Rinoceronte recentemente este boísimo cómic de Marjane Satrapi que constituíu o noso segundo libro de reunión deste curso.
Teño que confesar que non houbo nin un só alumno nin
alumna que non gozase con esta lectura, un libro que nos axudor a falar
de totalitarismos relixiosos e diferenzas que veñen só motivadas por ser
muller. Foi curioso como lles custaba comprender que estivesen lendo
unha obra autobiográfica que resulta ser ao mesmo tempo un importante
testemuño histórico e unha boa documentación sobre mundos, culturas e
relixións que lles son alleas.
O que opina....
Ana Colmeiro Corral:Nada sabía da vida da muller en Irán. Hai un sufrimento que só afecta ás mulleres: o machismo e a violencia de xénero. Mesmo hai mulleres que culpan a outras, sendo elas tan machistas coma os homes.
Supoño que España era así hai décadas.